Temas: RISGA

Piden que se incorpore a figura do traballador social nas unidades de tramitación do RISGA

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia tamén amosa a súa preocupación poa Historia Social Única e o Plan Estratéxico de Inclusión para as persoas sen fogar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2018 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) ve necesario incorporar a figura da ou do traballador social nas unidades de tramitación e así llelo transmitiu á Xunta nunha xuntanza que mantivo co director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, esta semana para presentar as alegacións ao borrador do Decreto da RISGA.

Persoa maior dependente
Persoa maior dependente | Fonte: PSdeG

De feito, as representantes da nova Xunta de Goberno do COTSG amosaron a súa preocupación porque este decreto sexa un instrumento que poida “dar resposta ás múltiples realidades coas que se atopan diariamente durante o desenvolvemento da súa profesión”.

Desde a COTSG insistiuse en que as unidades técnicas deben contar, polo menos, cunha traballadora social para a interpretación dos informes sociais de valoración, sendo a titulación de traballo social a única habilitada oficialmente para levar a cabo ditas funcións. Tamén se quixo visibilizar a necesidade de contemplar que nun mesmo domicilio poidan convivir dúas persoas perceptoras de RISGA sen necesidade de estar tuteladas por unha entidade de iniciativa social. 

Nesta liña, as integrantes da Xunta de Goberno expuxeron as “dificultades para acceder a unha vivenda independente”. Así mesmo, fixeron fincapé na “necesidade de que o Decreto regule unha xestión dos expedientes e, en consecuencia, de acceso ás prestacións” e emarcaron que debe ser “igualitaria en todos os territorios, xa sexa rural ou urbano”.

HITORIA SOCIAL ÚNICA E INCLUSIÓN

Durante a xuntanza puxéronse enriba da mesa outros temas como a Historia Social Única que, segundo os datos da dirección xeral estase a usar en 180 concellos. Desde o Colexio amosouse “preocupación e interese” por coñecer e debater “máis profundamente sobre esta ferramenta”. A dirección xeral deu o seu compromiso para impartir unha xornada formativa.

Outro dos apartados foi o do Plan Estratéxico de Inclusión para as persoas sen fogar, aínda en fase de estudo. As representantes do COTSG remarcaron a “necesidade de que ambos obxectivos sexan complementarios no desenvolvemento da normativa do plan de loita contra a pobreza: o da lei de inclusión e o das persoas sen fogar”.

Temas: RISGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta