Rocking Barbanza: arqueoloxía nunha das primeiras paisaxes megalíticas de Europa occidental

O CSIC, mediante o Incipit, resume a ritmo de blues, en dous vídeos, os traballos realizados nunha das necrópoles megalíticas máis espectaculares do continente.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/01/2018 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Na Serra do Barbanza consérvase unha das necrópoles megalíticas máis espectaculares de Europa. Agora, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) presenta uns vídeos  que mostran unha representación performativa da organización espacial desta paisaxe antiga, unha das primeiras construídas polos humanos en Europa occidental.

Dólmen Casota do Páramo, en Boiro, na Serra do Barbanza
Dólmen Casota do Páramo, en Boiro, na Serra do Barbanza | Fonte: Xoán Arco da Vella

Os vídeos, realizados polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), con sede en Santiago de Compostela, son "unha forma performativa e brincadeira de presentar a complexidade dunha paisaxe megalítica (baseada na construción de monumentos funerarios que establecen especiais relacións co espazo circundante".

Así explica a produción destas pezas Felipe Criado, do Incipit, responsable do proxecto: "Por fin atopo unha forma sinxela de mostrar a complexidade dunha paisaxe megalítica (a primeira monumentalización do espazo baseada na construción de túmulos funerarios entre o 4500 e o 2500 a.C). Grazas a Rubén Vuelta, o vídeo realizador do Incipit, puidemos resumir (con algunhas licenzas) anos de investigación que requiren horas de presentación e discusión, neste vídeo sinxelo. Pronto novas achegas grazas aos traballos en marcha de Pastor,Jorge , Inaki e outros. Grazas a todas as persoas que durante anos contribuíron a estes traballos".

FICHA TÉCNICA

Autores: Felipe Criado Boado; Rubén Vuelta Santín.

Prodcción: Incipit-CSIC.

Investigador principal do proxecto: Felipe Criado Boado.

Realizador: Rubén Vuelta Santín.

Técnicos de SIG: Iñaki Villa Indurain; Jorge Canosa Betés.

Voz en off: Elena Cabrejas Domínguez.

Revisión versión inglesa: Jon Brokenbrow.

Agradecementos: A. César González García; Pastor Fábrega Álvarez.

Música: Beer Belly Blues de John Deley forma parte da Biblioteca de Audios de YouTube; Big Blues Bed de Audionautix ten licenza Creative Commons Attribution. Artista: http://audionautix.com . https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ ; Boogie Woogie Bed de Audionautix ten licenza Creative Commons Attribution. Artista: http://audionautix.com . https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/>

Imaxes aéreas: Google Earth

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta