Temas: NEVE LUGO

A neve dificulta a circulación en estradas de Lugo

Nesta provincia neva de forma considerable e hai acumulados entre 10 e 15 centímetros de neve.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2018 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A neve está a dificultar xa a circulación nalgunhas estradas da montaña da provincia de Lugo, onde neva de forma considerable e hai acumulados entre 10 e 15 centímetros de neve.

Neve en Lugo, nevada, temporal, xeo
Neve en Lugo, nevada, temporal, xeo | Fonte: Europa Press

Segundo informou a Deputación lucense, nestes momentos hai mobilizados 18 operarios e nove máquinas na área de montaña da provincia para facer fronte ao temporal de neve e vento e atender os posibles incidentes na rede viaria.

En particular, reforzouse o dispositivo (6 quitaneves e 3 pick up) para acondicionar estradas do seis concellos nos que se transita con dificultade pola acumulación de entre 10 e 15 centímetros de neve.

VARIOS CONCELLOS

En concreto, circúlase con dificultade en Folgoso do Courel na LU-P-1303 de Seoane por Visuña a Ferramulín; a LU-P-1311 e a LU-P-4501; e en Navia de Suarna na LU-P-3511 de Rao por Murias a Balouta; a LU-P-3502 de Muñis a Nave; a LU-P-3508 de Rao por Murias a Balouta.

En Negueira de Muñiz están afectadas a LU-P-3601 e a LU-P-3602; en Cervantes a LU-P-1405, a LU-P-1411, e a LU-P-1412; e en Quiroga a LU-P e a LU-P-5005.

Tamén hai neve en Pedrafita do Cebreiro, na LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán; na LU-P-4504, de Pedrafita a O Portelo; na LU-P-4505 de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; e na LU-P-4501.

A Deputación recomenda circular con precaución polas vías destes Concellos e reducir ao mínimo os desprazamentos e resalta que o Goberno da Deputación ofrece asistencia viaria municipal a todos os Concellos da provincia que o soliciten.

Temas: NEVE LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta