Temas: PARO

O paro sobe en 4.873 persoas en xaneiro en Galicia, un 2% por encima da media estatal

O paro incrementouse, sobre todo, no sector de servizos logo das festas do Nadal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2018 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

A pesar das boas cifras económicas que Consello tras Consello transmite a Xunta de Galicia, o certo é que o paro segue aumentando en Galicia. Así, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en xaneiro en Galicia en 4.873 persoas respecto ao mes anterior (+2,63%), por encima da media estatal (+1,9%).

Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo
Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo | Fonte: Europa Press

No conxunto estatal, o paro en xaneiro incrementouse en 63.747 persoas, arrastrado principalmente polo sector servizos, que acusou o fin da campaña do Nadal.

Con todo, de acordo cos datos que publica este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, os desempregados da comunidade galega son 22.192 menos que un ano atrás, o que reflicte un descenso do 10,46%.

Temas: PARO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta