Aena exclúe o galego no teléfono de información do aeroporto de Compostela

Un usuario denuncia a negativa do operador aeroportuario a prestarlle o servizo en lingua galega. Gravación no interior.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2018 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

A Mesa pola Nornalización Lingüística vén de recoller queixas pola exclusión da lingua galega nos servizos de atención e información aeroportuaria de Aena. O último caso rexistrado é o dun cidadán galegofalante que chamou ao servizo de atención telefónica do operador aeroporturario para solicitar información sobre as tarifas do aparcadoiro do aeroporto de Santiago de Compostela. O usuario denunciou a negativa de Aena a prestar o servizo en galego.

Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)
Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)

"A primeira discriminación sufriuna ao non poder escoller galego no menú de idioma —só permite castelán ou inglés—. Unha vez puido ser atendido por un teleoperador, pediu amabelmente ser atendido na súa lingua. Esta petición motivou unha reacción belixerante e díxoselle que «sólo español o inglés, no se habla gallego en este departamento»", describe a Mesa.

Actualmente a empresa pública Aena dispón dun servizo telefónico de información e atención á clientela que só permite atención en castelán ou inglés, o que contravén o Estatuto de autonomía que establece no artigo 3 que “os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua”, lembra a Mesa. Do mesmo xeito, recorda, "as discriminacións por razón de lingua son contrarias ao artigo 14 da Constitución".

"Cómpre lembrar que a obriga de respectar os dereitos lingüísticos da cidadanía galega non incumbe só ás administracións públicas, tamén as empresas privadas que prestan os seus servizos en Galicia deben respectar o dereito dos galegos e galegas a nos expresar na nosa lingua dentro do noso territorio, como recoñecen entre outras, a Lei 1/2010, relativa aos servizos no mercado interior (disposición adicional sexta) e a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias  no seu artigo 46", detalla a Mesa.

Esta organización tamén lamenta  que algunhas empresas traten as persoas galegofalantes como unha “clientela de segunda” ao "ofrecerlle un servizo de peor calidade polo feito de falar na súa lingua, que é a propia e oficial do territorio no que vive".

“Estamos ante unha vulneración dos dereitos do consumidor que non pode ser tolerada” explicou o presidente da Mesa Marcos Maceira.

Por todo isto, solicitarán a Aena que incorpore de xeito inmediato a atención en galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Anti..

Hai que loitar por que nos atendan na lingua do país, o galego, non o castelán de castela, e de mentres a o Oporto coma dicía Siniestro Total, sempre nos quedará Portugal.

4 Os bilingüistas?

Onde están os "bilingüistas"? Por que só aparecen cando se fai algo a prol do galego para críticalo e nunca cando se ataca para defendelo? Será que lles está a cair a careta?

3 FreedomfoRspanishspeakers

Eso es una minucia al lado de la rotulación solo en gallego de la Junta de Galicia, gobernada por el corrupto Partido Popular, y de los escritos solo en gallego de la Junta de Galicia, y de los escritos y requerimientos solo en gallego de multitud de ayuntamientos gallegos gobernados por el PPSOE, y no digamos los que gobiernan podemitas y upegallos

1 Pquetal

Como diría un gallego, o jallejo, como el ignorante de turno predica. 'Xa será menos'

2 Nexus 6

Otra vez tocando los kinder con lo del jallejo. Este es uno de esos plastas que va a los sitios exigiendo a las personas que le hablen en la lengua regional minorizada, o pidiendo no sé que papel o impreso en jallejo. Y como no se plieguen a sus demandas o dicho papel no esté disponible...entonces denuncia a la asociación del tal Manzano y a este o diarios parecidos para convertir esto en un drama que a nadie interesa, salvo a los talibanes toca pelotas de siempre.

1 unmais

Talibanes, pelotas, kínder, plastas..en 5 liñas... 7 insultos e faltas de respeito, Habia que collerte por una orella e levarte a casa dos teus país a que che desen un pouco de educación, pero supoño que a estas alturas xa non tes remedio, o mellor botarte ao contentor do lixo, que é o que es

2 Estate

Lo mismo que hace la petarda de galicia monolinjue con el castejano y ni dices nada pa ya so

1 unmais

A ver os de Galicia bilingüe, se teñen algo que dicir, non defendían a liberdade de escolla da lingua?