Ferrol suplica a Amancio Ortega que non peche o único Zara da cidade

O alcalde solicita unha entrevista co magnate para trasladarlle a inquietude de veciños, comerciantes e hostaleiros ante a inminente clausura do establecemento na praza de Armas. Á par está en marcha unha campaña en Internet para evitar este peche.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 03/02/2018 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), solicitou unha entrevista ao fundador do grupo Inditex, Amancio Ortega, para darlle "traslado da inquietude de veciños, comerciantes e hostaleiros" ante as "negativas consecuencias" e o "impacto a curto e medio prazo" que sosteñen que tería o peche previsto da única tenda de Zara situada na cidade, na rúa Real.

Zara en Ferrol.
Zara en Ferrol.

A través dunha carta, co encabezamento "estimado Amancio", o alcalde ferrolán dálle traslado da "inquietude" recollida en diferentes escritos que as entidades veciñais, sociais, empresariais, do pequeno comercio e da hostalaría local, fixeron chegar ao Concello pedindo "a intermediación institucional" ante o peche "inminente" do establecemento de Zara, situado en varias plantas dun edificio da praza de Armas, en pleno centro histórico.

No escrito, Jorge Suárez manifesta que "o peche inminente das tendas e a desaparición da marca Zara de Ferrol sería un durísimo golpe" e unha "perda irremediable" para a cidade, nun momento no que o "tecido comercial e a pequena e mediana empresa están a realizar un grandísimo esforzo, co seu propio esforzo, por contribuír a que Ferrol vaia adiante a pesar das moitas dificultades".

O alcalde fai referencia á información difundida "polos medios de comunicación" ante o peche "inminente" previsto de Zara en Ferrol "por un cambio de política comercial". A firma mantería a tenda situada no centro comercial Odeón, no municipio veciño de Narón.

Así, Jorge Suárez lembra a "aposta" que o grupo téxtil fixo hai case 30 anos ao situar en Ferrol unha das primeiras tendas de Zara, converténdoa en "toda unha referencia fundamental para varias xeracións de ferroláns", "achegando a moda a todos os veciños" e como "reclamo comercial fundamental no centro histórico" da Madalena.

Nesta liña, afirma ser coñecedor do "interese do grupo por recuperar o patrimonio histórico emblemático das cidades", nas que conta con tendas 'Flagships', e que valora como "exemplo de integración da filosofía da súa empresa coa rexeneración urbana e arquitectónica das tendas polas que aposta".

Neste contexto, lembra que o barrio da Magdalena está declarado Ben de Interese Cultural, con numerosas "edificacións emblemáticas" do arquitecto modernista Rodolfo Ucha, como a que albergou no seu momento Zara Home.

Jorge Suárez engade no escrito que ademais das peticións recibidas no Concello a través da Mesa Local de Comercio, debido á "transcendencia negativa" do peche previsto de Zara, a cidadanía tamén se está implicando, recollendo firmas para apoiar a permanencia da firma.

Como conclusión, "como representante do pobo de Ferrol e alcalde" da cidade, solicítalle unha entrevista, para darlle traslado da petición "coa confianza" de que aínda se está "a tempo de que se reconsidere esta decisión tan negativa para Ferrol e poder seguir contando coa presenza da marca Zara no barrio da Magdalena como motor fundamental na dinamización do centro da cidade", algo que, engade, "xunto co gran esforzo da pequena e mediana empresa", contribúa a "apostar por Ferrol como cidade" que "agora que empeza a recuperar o pulso", "non pode sufrir outra perda irremediable".

Paralelamente, está en marcha unha campaña na plataforma en liña Change.org para evitar o peche desta tenda. A iniciativa levaba acadadas até este sábado pola tardiña 3.238 sinaturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 Galego

Ala ir comprar os centros comerciais que xeneran tantos posto de traballo jajajajaja, as cidades ficarán mortas e serán nichos nos que durmir , Sen vida, sen historia, sen futuro menos mal que nos quedan cidades coma Pontevedra que son un centro comercial o aire aberto onde conviven multinacionais con pequenos e orixinais comercios pero seguide negando e traer modelos de fora pq sodes uns acomplexados e non aceptades q dende Galicia podemos facelo mellor q ninguén.

7 Que se aclaren

¿Pero non quedara a esquerdallada en que Amancio Ortega era un explotador de neniños vietnamitas?

6 ramiro de yoli

Ferrol non suplica nada, quen o fai é o alcalde de Izquierda Unida

5 Natasha Rostova delasRestrevas

Isto non é máis que outra mostra da incapacidade dos gobernos do re-cambio. Creo que en Ferrol fai falla un modelo de cidade que teña en conta a existencia de Narón e busque a complementariedade. Ferrol ten que reinventarse a partir do seu pasado naval e de figuras egrexias coma Torrente Ballester ou Carvalho Calero. Hai que buscar situar a cidade no turismo de calidade (e non non me serve de exemplo a Semana Santa) e potenciar o patrimonio naval e a historia da cidade. Por outra banda, é evidente que hai que colaborar con Narón e compartir servizos. Falta un proxecto de cidade. Podían ir aprender a Pontevedra. Seguro que o alcalde e os concelleiros os atenden encantados.

4 nostrus

No comprendo como un alcalde podemita suplica al sr. Ortega despues de reprocharle que donara los medios médicos a la Seguridad Social. Si tan malos son los capitalistas emjor que cierren ¿o no?.