Colapso no centro de saúde do Milladoiro (Ames) por falta de profesionais

O colectivo de enfermeiros vese superado ante o gran número de analíticas a realizar e a falla de profesionais polos recortes do Sergas o que provoca o malestar dos usuarios.

Por Galicia Confidencial | Ames | 10/02/2018 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

O Sindicato Sanitario Galego Púlblico (Sagap) denunciou un aténtico colapso do servizo de extración de sangue o pasado mércores por falla de profesionais. Unha situación, di, que non é a primeira vez que acontece e que leva tempo repetíndose cuns traballadores que “están a aturar altas cargas de traballo , especialmente nas xornadas  nas que se realizan as extraccións de analíticas”.   

Traballadoras nun centro sanitario
Traballadoras nun centro sanitario

Destrás deste colapso está a política de non cobertura  das ausencias de persoal que está a levar o  Sergas, un “total desinterese”  amosado por solucionar os problemas de organización e o “total abandono”  no que están deixando á atención primaria. “Isto está levando ao personal á necesidade de tomar decisións  que, se ben non son do agrado dos pacientes, menos aínda o son para os profesionais”, apunta o sindicato. 

E, unha mostra desta situación foi o acontecido o pasado  mércores cando o colectivo de enfermeiros do centro decidiu realizar as súas tarefas habituais e non realizar extraccións de analíticas por falla de persoal. “Non foi en ningún momento un acto de protesta, senón  o cumprimento  estricto das ordes da Xerencia,  que cando finalmente é consciente de que a  situación está desbordada, decide poñerse de perfil e alegar que como profesionais  correspóndenos priorizar", indica.

POUCOS PROFESIONAIS

Ese día había un total de 79 analíticas. Malia existir tres puntos de extracción, só había dous profesionais nestes postos porque faltaban duas enfermeiras no centro e unha delas  estaba  sin substituir. A terceira enfermeira presente estaba  designada  para organizar os pacientes  e indicarlles a que  consulta debían acudir, así como a colaborar nas extraccións máis difíciles.  “Así e todo , fíxose cargo tamén  de pacientes  para axilizar o traballo”, apuntan. 

Finalmente, quedaron adiadas algunhas analíticas programadas non urxentes mentres que as urxentes quedaron todas realizadas, pero os profesionais  tomaron a decisión  de pospoñer  as extraccións  para outros dias , e seguir realizando o seu traballo segundo estaba previsto pola xerencia, atendendo aos pacientes citados.

Este colectivo xa ten apuntado posibles solucións ao Sergas que non teñen sido tidas en conta como a realización de extraccións todos os dias, cubrir  todas as  ausencias (especialmente os días de extraccións)  e organizar o servicio  “de xeito que todas as enfermeiras se adiquen a pinchar e a organización dos pacientes  se realice  doutra maneira”. 

“Pero nada disto está a acontecer, e os responsables non dan alternativas”, denuncian. “A solución parecen atopala en que  os pacientes  que quedaron sin pinchar se acumulen para o venres, é decir  : aumentar a  carga de traballo cos mesmos medios. Esto fai imposible traballar  con calidade  e seguridade”, conclúen nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta