O BNG esixe a Feijóo que se desculpe por "mentir" sobre unha trama incendiaria que "non existía"

Censura que a Xunta empregou esa tese para "esconder" a súa "política forestal pirómana", que "é a gran causante dos incendios"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/02/2018 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que a Xunta e o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, "lle deben unha desculpa aos galegos e galegas por mentirlles durante a vaga de lumes" ao "responsabilizar" deses incendios a "unha suposta trama incendiaria que non existía".

A portavoz nacional do BNG e parlamentaria, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG e parlamentaria, Ana Pontón

O informe da Fiscalía Superior de Galicia, realizado por mor da vaga de lumes do pasado mes de outubro, conclúe que non existen evidencias da existencia dunha trama incendiaria, segundo o avanzado polo fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, nunha entrevista con Europa Press.

Preguntada sobre esta cuestión, Pontón acusou á Xunta de escudarse nesa "suposta trama" para "esconder á verdadeira trama incendiaria que hai neste país, que é unha política forestal de abandono do medio rural, que é a gran causante dos incendios forestais".

Á espera de coñecer o informe na súa totalidade, a nacionalista remarca que "vai na liña do que desde o primeiro momento dixo a Fiscalía de que aquí non había trama incendiaria".

QUE POÑA FIN A UNHA POLÍTICA FORESTAL "PIRÓMANA"

Por iso, empraza á Xunta a que "tome medidas" para "pór fin" ao despoboamento no medio rural e a acabar "cunha política forestal a medida de ENCE que está a causar non só un grave problema ambiental, senón un problema de seguridade pública", xa que "os incendios teñen consecuencias moi importantes".

Logo de lembrar que en outubro faleceron catro persoas en Galicia durante a onda de lumes, Ana Pontón avisou á Xunta de que "non se pode seguir adiante cunha política forestal pirómana".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Arturo

Os causantes dos incendios son os que os provocan. Sen incendiarios non habría incendios. Así de sinxelo. Nengunha " política forestal" obriga a ninguén a prantar eucaliptos, nen é a Xunta quen prende lume ao monte. Os causantes dos incendios son os incendiarios, non nenguna política da Xunta.

3 Alén

a princesa Leia pedindo peras ao olmo

2 Fernando G

Vale, pero no estaría mal que el BNG también se disculpara por emplear el mismo argumento cuando el funesto Suárez Canal ocupaba la Consellería de Agicultura durante el siniestro bipartito.

1 teutonio

E tampouco estaría mal que o PP se disculpase por dificultar a creación de brigadas municipais ou brincar coa teoría da trama, dicir que con eles non morría a xente, etc.

2 Natasha Rostova delasRestrevas

En que te baseas para empregar o adxectivo sinistro. No odio? Porque non vexo que aportes argumentos. Evidentemente non os tes. Insultar ao bipartito sáevos moi baratos a moitos. Moito medo vos debeu dar que cambiase algo, inda que fose pouco. En calquera caso, xa sabemos que vivimos en eucaliptolandia e que cada un plata os aucaliptos onde lle peta. O día que empecemos a escoitar falar de sancións por plantacións cerca de núcleos poboacionais veremos coma algo está a cambiar. Por certo, do cuñadismo sáese. Ánimos: podes ler un libro, mellorar o teu inglés ou viaxar.

3 Natasha Rostova delasRestrevas

Fernando debe de ter pouca memoria. Imoslle lembrar algúns acontecementos: http://www.eldiario.es/galicia/boic... Suárez Canal foi o promotor dunha serie de medidas que de se aplicar sen lugar a dúbidas reducirían os incendios. http://www.elidealgallego.com/opini... O problema que tedes os cuñaos e que non vos decatades de que existimos xente ilustrada, con espírito crítico e que non perde a esperanza de que os cidadáns abandonen o visceralismo e empecen a usar a razón. Ánimo Fernando: Sapere aude! Por certo, máis alá do que pensemos ou non os das Mareas e do bloque quería invitarvos a todos a que na medida do posible tentemos opoñer un discurso racional e argumentado a todos os cuñaos que andan pola nosa prensa.

4 En fin

Respondendo a Natasha e só con ánimo de aclararlle conceptos antagónicos á súa lealdade incondicional ao BNG. Suárez Canal coa súa entrada triunfal cargouse a operativa antiincendios existente, quitou a técnicos, xefes de brigada e axentes que levaban anos loitando contra o lume e no seu sitio puxo a xente afín ao partido sen experiencia algunha. Creou o Seaga, un chiringito onde se colocaron centos de fillos e amigos do partido e do Psoe, e cuxas brigadas, e sen acritude, daban verdadeira pena na extinción, con rapaces que non viran un toxo na vida máis que para fumalo. Non contento con isto ameazou, literalmente, a todo aquel que non seguise as premisas bloqueiras durante a campaña, creou os "vigilantes del monte" ao estilo California, con xente enchufada e a soldo que non facía nada. Que non foi un salvador, vamos.

1 moinhos

Si existe abj8b trama incendiaria, e chamada PP. Á súa política forestal escrita por ENCE. Esa é a trama incendiaria.