Parte da frota galega segue amarrada a porto pola alerta laranxa no litoral

Parte da frota galega permanece este venres de novo amarrada a porto debido á alerta laranxa no litoral por mar de fondo do noroeste, que pasará a amarela a partir do mediodía.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2018 | Actualizada ás 09:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Parte da frota galega permanece este venres de novo amarrada a porto debido á alerta laranxa no litoral por mar de fondo do noroeste, que pasará a amarela a partir do mediodía.

Ondada na costa de Lugo
Ondada na costa de Lugo | Fonte: Europa Press

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de confrarías e lonxas, na provincia de Pontevedra están amarrados os barcos en localidades como Baiona, Bueu e A Guarda.

Tampouco acudiron a faenar polo estado do mar en zonas da provincia de Lugo como Viveiro e Ribadeo, mentres que en Burela puideron saír as embarcacións.

Pola súa banda, na provincia da Coruña parte da frota partiu a traballar en zonas como Cariño, Fisterra e Rianxo, mentres que en portos como Malpica e Ribeira os barcos permanecen amarrados.

Este venres até as 12,00 horas está activada a alerta laranxa en todo o litoral galego por mar de fondo do noroeste con ondas de cinco a seis metros, após o que pasará a amarela con ondas de catro a cinco metros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta