Hernández (PP) está "satisfeito" pola repercusión do seu vídeo lanzando lixo ao río como "denuncia"

Admite, após guindar lixo á auga, que "levaría unha bolsa se tivese previsto baixar ao río". Con todo, considera que logrou o seu obxectivo de "denunciar a degradación ambiental do Sar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2018 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O portavoz municipal do PP en Santiago de Compostela, Agustín Hernández, asegurou este venres, após lanzar lixo á auga no marco dun acto convocado para denunciar contaminación, que "levaría unha bolsa se tivese previsto baixar ao río" Sar. Preguntado no marco dunha comparecencia sobre a depuradora de Santiago sobre se considera o máis adecuado lanzar lixo ao río para denunciar a contaminación do mesmo, o ex-conselleiro de Medio Ambiente recoñeceu que debía levar "unha bolsa".

Agustin Hernandez
Agustin Hernandez | Fonte: Europa Press

"Quizais é certo que levaría unha bolsa se tivese previsto baixar ao río, que non o tiña previsto. Unha bolsa non, debería levar moitísimas bolsas, porque mire que había lixo alí", subliñou.

En todo caso, aclarou que no acto do mércores "non estaba previsto" que baixase até a beira e incidiu en que "se trataba de denunciar a degradación ambiental do río Sar, a porcallada que hai nas marxes e a contaminación que hai na auga".

Así, preguntado sobre o cualificativo de "postureo político" do rexedor compostelán, Martiño Noriega, Hernández dixo que "o transcendente é a denuncia sobre a situación ambiental".

"Santiago hoxe é coñecida por desgraza por dúas cuestións: pola contaminación extrema do Río Sar e polo lamentable e vergoñoso pregón do Entroido", dixo.

REDES SOCIAIS

Hernández insistiu en que o obxectivo da súa acción do mércores era "dar visibilidade a un problema ambiental e de emerxencia que existe no Río Sar".

"Tiven uns colaboradores que non esperaba pola tarde do mércores porque esa denuncia foi amplamente difundida polo alcalde, os concelleiros e os seus seguidores nas redes sociais, polo que estou satisfeito", manifestou.

Por iso, reiterou que "hoxe é coñecida esa contaminación no Río Sar grazas a esa divulgación", comentou en relación ao vídeo difundido por redes sociais no que se ve ao concelleiro popular tirando lixo á auga após recollela na marxe do río.

"O obxectivo era denunciar a contaminación no río Sar, é unha cloaca ao aire libre e grazas a ese traballo d divulgación é coñecido en toda Galicia e creo que en moitos sitios de España", afirmou, para convidar "a quen queira a que vaia ao Río Sar e o comprobe".

Neste sentido, reprochou que "dedicaron moito tempo concelleiros e o alcalde para andar nas redes sociais". "Se dedicasen ese tempo a traballar probablemente os veciños gañariamos máis", apostilou. "En todo caso, o obxectivo, que era denunciar a situación do río Sar, foi acadado", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Antoniooooo

Como todos los del pp les importa una mi er da galicia y por eso tiran su mi er da a los rios ya se sabe los que son del pp guarros son

1 Amaense

Hoxe é coñecido?! Teño 42 anos, son veciño de Bertamiráns e, dende que teño uso de razón, recordo o Sar baixar sempre cheo de merda. Ningún dos gobernos municipais de Santiago fixo nunca nada por solicionalo. A depuradora de Silvouta, que entrou en funcionamento no 1982, naceu xa obsoleta e a día de hoxe a maquinaria cae a cachos. Que alguén nos explique por que en 36 anos non se puido facer nada xa non para que a situación do río mellorase, senón para que non fora a peor.

1 PcRs

O BNG estaba no goberno para outra cousa, mira que ben mantidos aparentan, a mesma que o PPsoe. E, de momento, tampouco é prioridade para o recambio.