Temas: GAITAS

Cando a gaita galega chegou á universidade

En 1985 Ricardo Portela interpretaba na USC "Alborada de Rosalía de Castro" e a "Muiñeira de Chantada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O 17 de xullo de 1985 Ricardo Portela, gaiteiro de Viascón, tocaba a "Alborada de Rosalía de Castro" e a "Muiñeira de Chantada" nos actos conmemorativos do centenario rosaliano no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, nun acto organizado por Xosé Filgueira Valverde. 

Ricardo Portela, gaiteiro
Ricardo Portela, gaiteiro | Fonte: acasadocoto.com

“Este feito aparentemente sinxelo ten moita importancia para o mundo da gaita, xa que simbolizou a entrada do noso instrumento máis representativo na universidade, un vello desexo de Castelao”, suliña o gaiteiro Ósca Ibáñez. Precisamente,  e inspirado neste acontecementos, este músico reinterpretará a Ricardo Portela no mesmo espazo, o paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC, en lembranza da histórica actuación do Gaiteiro de Viascón. Será este martes ás 21.00 horas e Interpretará unha selección do seu repertorio enriquecida con novos arranxos.

Non é a primeira vez que Ibáñez lembra a Portela. O pasado ano, coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento, quixo renderlle unha homenaxe co disco Aires de Pontevedra, que gravou integramente coa gaita orixinal do propio Portela tratando de achegarse o máis posible á súa estética musical e técnica interpretativa. 

Temas: GAITAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta