Nesta edición o cartel foi seleccionado a través dun Concurso de Carteis no que se recibiron 115 propostas chegadas desde todas partes de Galicia.
  comenta   0
No recinto feiral estarán representadas 15 adegas, haberá catas (oficial e popular), e un Túnel do Viño. Paralelamente terán lugar a XV Feira de Oportunidades e a XIV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra. O pregón, que será o domingo 10, correrá a cargo da escritora Fina Casalderry.
  comenta   0
Un total de 25 establecementos de hostalaría de Celanova ofrecerán este venres, día 23, o 'Caldo de Gloria', unha receita que Rosalía de Castro describe no poema 'Miña casiña, meu lar', como homenaxe á escritora unha xornada na que se cumpren 187 anos do seu nacemento. Tamén se sumarán locais de Padrón e Ponteceso.
  comenta   0
O gañador levará 2.000 euros e o certame está aberto a xente de todo o mundo. O 26 de febreiro será o derradeiro día para presentar propostas gráficas.
  comenta   0
Será os días 8, 9 e 10 de decembro e contará con vinte e sete postos temáticos de artesanía, decoración e alimentación. O recinto contará tamén con animación musical e actividades para a cativada.
  comenta   0
Uns 200 alumnos inscríbense na Escola de Gaitas da provincia de Pontevedra.
  comenta   0
Os próximos 25 e 26 de agosto o Castelo de Monterrei acollerá a XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Este foro naceu hai case 40 anos como complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.
  comenta   0
Dentro do programa de Festas de Verán que organiza o Concello de Quiroga, este ano dedícaselle un día á Música Tradicional. Será este sábado 12 de agosto e o prato forte será o concerto do grupo tradicional Os Melidaos a partir das 23:00 h. O peche das festas será o domingo 13 con Fogos artificiais e o concerto dos Gin Toni's.
  comenta   0
Está programada para os días 18, 19 e 20 de agosto. Aínda que a protagonista do evento é un dos produtos máis nosos, haberá espazo para os xogos populares, o deporte e as actuacións musicais. O domingo terá lugar un concurso de elaboración de empanadas para 'amateurs' e para profesionais.
  comenta   0
As 'III Xornadas de Música Tradicional Nova Era' enchen as rúas de Verín de actividades para todos os públicos. No transcurso das mesmas acadouse un record mundial coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento, concretamente a gaita.
  comenta   0
Oito días nos que houbo 70 horas de música celta, interpretada por máis de 200 artistas, e 300 persoas traballando para que os máis de 100.000 visitantes gozasen na capital mundial da cultura celta.
  comenta   0
Os días 28 e 29 de xullo Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión.
  comenta   0
Será o vindeiro sábado 24 de xuño para presentar no Teatro de Beneficencia o seu documental e libro “Berpiztu”. Nestes traballos repasa a súa vida e carreira discográfica.
  comenta   0
Será o vindeiro luns 1 de maio, na Praza da Alameda, e haberá dez centros de ensino e asociacións participantes que amosarán os seus traballos florais. Os mesmos colectivos participaron tamén na elaboración de coplas, editadas polo concello, que se poderán mercar con fins solidarios.
  comenta   0
Este ano está dedicado á memoria de Severino Salgado, un dos membros máis veteranos do tradicional 'Folión do Buxán' falecido o pasado xaneiro.
  comenta   0
O Concello de Verín retoma a súa tradicional festa patronal e presenta para a fin de semana do 25 e 26 de marzo un completo e variado programa de actividades enfocadas para todos os públicos.
  comenta   0
O considerado como unha das referencias por autonomasia do verán galego aposta de novo por estender a súa duración durante oito días
  comenta   0
Os propios organizadores non pararon de pedir que se tentasen ocupar "todos os espazos libres dispoñibles porque hai xente que non pode entrar".
  comenta   0
Miguel toca a gaita no arco da catedral, entrada á praza do Obradoiro. El descóbrenos algúns aspectos que moitas persoas ignoran das persoas que tocan neste lugar, mesmo composteláns de toda a vida. A súa é unha opción vocacional e de aposta polo que lle gusta. Con el podemos achegarnos e observar algunhas partes daquilo que está agachado detrás destes artistas.
  comenta   0
Nesta festa, que terá lugar os vindeiros días 7, 8 e 9 de outubro, poderanse degustar máis de 20 cervexas nacionais e internacionais, ademais dunha completa selección de produtos gastronómicos alemáns e galegos. No apartado de concertos estarán 'Guezos' e 'La Banda de Ayer'.
  comenta   0
O concello acolle o V Serán de Seitura, a Noite Celta e o XIII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.
  comenta   0
O concello e Xosé Lois Foxo chegaron a un acordo de colaboración para crear o 'Museo Internacional da Gaita' na vila do Támega. Para acoller tan ampla colección rehabilitarase o antigo edificio dos almacenes Recaredo Romero, obra do arquitecto Daniel Vázquez Gulías.
  comenta   0
Coincidindo co Día da Nai e o Día Internacional da Clase Obreira, celebrouse en Ourense a festividade dos Maios para dar a benvida á primavera. Estas son as imaxes desta tradicional celebración.
  comenta   0
O Circo de Artesáns da Coruña celebra este venres 18 de marzo unha serie de actividades para lembrar a súa contirbución á cidade.
  comenta   0
'Piperegrinos, as gaitas do Camiño' é un espectáculo musical itinerante que reúne no mesmo escenario a gaiteiros da Península Ibérica "cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional", tal e como destaca a Xunta.
  comenta   0
A Real Filharmonía de Galicia estrea esta obra do compositor galego-estadonidense Aaron Siebert e baseada no libro de Neira Vilas.
  comenta   0
Hai sesenta anos que faleceu Faustino Santalices. El e Perfecto Feijoo foron os grandes restauradores do noso patrimonio musical. O boticario pontevedrés creando coros, Santalices recuperando cantigas do repertorio de coñecidos gaiteiros da época. Máis dunha vez relatou como o gaiteiro de Penalta lle aprendera a tocar o instrumento levado da man do seu tio: “Olla, Manuel. A este meu sobriño quero que lle ensines a tocar a gaita. Así que os domingos que non saias de festa, avísalo poñendo unha saba na pena que esta perto da túa pasa, para que non camiñe de balde”. Nese tempo Faustino Santalices estudaba nos Escolapios de Celanova e vivía en Vilanova dos Infantes.
  comenta   0
Un lume destruíu o taller no que Roberto C. Pérez, máis coñecido como 'O Reberete', traballaba en Cea. Agora creou un proxecto na plataforma de apoio Verkami para recuperarse do golpe.
  comenta   0
É de Carmariñas e leva dez anos en Londres. Marchou para fuxir dunha crise económica e agora atopouse con outra peor. Tivo que deixar a súa gaita e buscar un novo traballo. Atopouno nun hospital de limpador. E alí viviu tamén escenas como as que se viviron en España hai semanas. Esta é a súa historia.
  comenta   0