Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 20:55
O Festival de Ortigueira avanzou os primeiros nomes do seu cartel para a súa edición deste ano, entre os que destacan o da referencia do folk galego Xabier Díaz, os irlandeses Four Men and a Dog, os quebequenses Lle Vent du Nord e o dúo castelán Fetén Fetén.
As primeiras confirmacións da nova edición do Festival do Mundo Celta foron desveladas na tarde deste sábado durante a presentación do deseño do cartel oficial, que este ano corre a cargo de Bea Luengo, acompañada no acto polo alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, e o director do festival, Alberto Balboa.
Baixo a lema 'Escoita ás Estrelas', o considerado como unha das referencias por autonomasia do verán galego aposta de novo por estender a súa duración durante oito días, fórmulada con éxito en 2022 co regreso da cita despois de case tres anos de paréntese obrigada pola pandemia.
Algaire, Anxo Lorenzo e Eoghan Neff, David Belas, Escola de Gaitas de Ortigueira, Felpeyu ou Fetén Fetén con P. Pascual son algunhas dos primeiros artistas confirmados para o festival, que terá lugar entre o 9 e o 16 de xullo na localidade do norte coruñés.
A eles súmanse Four Men and a Dog, Holiday Club, JDC, Lle Vent du Nord, Rubén Díaz, Rura, SonDeSeu, Startijenn, Talisk, Trikitrí, Xabier Díaz, Xisco Feijoó ou Xurxo Fernandes. O cartel deseñado por Bea Luengo recolle referencias ao oito nacións celtas --Galicia, Asturias, Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales, Cornualles e a Illa de Man-- representadas como constelacións ao redor dun mundo onde soa a música tocada por unhas árbores dun piñeiral que evoca ao de Morouzos, emprazamento do cámping do festival.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.