Chantada abre o calendario 2024 de Feiras do Viño da Ribeira Sacra

No recinto feiral estarán representadas 15 adegas, haberá catas (oficial e popular), e un Túnel do Viño. Paralelamente terán lugar a XV Feira de Oportunidades e a XIV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra. O pregón, que será o domingo 10, correrá a cargo da escritora Fina Casalderry.

Por Galicia Confidencial | Chantada | 08/03/2024 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

XLI Feira do viño de Chantada, que se celebra desde o 8 ao 10 de marzo, contará con dúas catas, a cata popular que se celebrará o sábado na carpa principal, en horario de 17:30h. a 19:00h e a cata oficial que terá lugar o sábado na adega Castrofiz.

Feira do viño de Chantada (arquivo)
Feira do viño de Chantada (arquivo) | Fonte: XMF

A recollida de mostras para a cata oficial realizarase este venres, 8 de marzo, antes da apertura oficial da Feira. Nesta edición participan 15 adegas: Adegas Amedo, Adega Castrofiz, Adegas Condado de Sequeiras, Adegas Pincelo, Adega Os Cipreses, Albarduxe, Adegas Sta. María de Nogueira, Cabo do Mundo, Calexotes, Enonatur, Instinto Romano, Pilares de Belesar, Adegas e Viñedos Lareu, Vía Romana Adegas e Viñedos e Adega Alouviño.

A cata, que organiza a Concellería de Cultura e Eventos do Concello de Chantada coa coordinación de Bruno Lovelle Fernández (Sumiller Vinosacra.es), celebrarase o sábado, 9 de marzo, a porta pechada, en horario de 10:30h a 14:00h. A adega Castrofiz, unha das participantes na Feira acollerá a cata oficial. Despois da iniciativa deste ano, espérase seguir en próximas edicións coa formulación de que cada ano a cata oficial celébrese nunha adega distinta.

Na cata participarán os viños elaborados por adegas rexistradas no rexistro da D.O. Ribeira Sacra da Subzona de Chantada que se atopen en fase de comercialización. Os viños que se presenten á cata oficial deberán estar presentes e á venda en cada unha das casetas da adega correspondente ao longo dos días da “XLI Feira do Viño de Chantada”.

O panel de cata estará formado por 8 expertos en análise sensorial, que comezarán valorando os viños novos para concluír cos viños envellecidos. Os mellores viños desta edición recibirán os seguintes recoñecementos:

Xente nos postos das adegas na Feira do Viño de Chantada (arquivo). Foto: GC
Xente nos postos das adegas na Feira do Viño de Chantada (arquivo). Foto: GC
  • Medalla Vide Gran Ouro
  • Medalla Vide de Ouro
  • Medalla Vide de Prata

“Este ano introducimos novidades, facemos a cata oficial nunha das adegas participantes, a entrega de premios adiantámola para facela coincidir co pregón; e seguimos con propostas xa consolidadas como o Túnel do Viño que chega á IV edición. Lembrarlle á xente que para comer contarase con varios postos na contorna da Feira e se queren viño deberán de recollelo nos postos das diferentes adegas”, explica Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura, Novas Tecnoloxías, Innovación e Desenvolvemento.

OFICINA DE TURISMO 

A XLI Feira do Viño de Chantada contará, como en edicións anteriores, cunha caseta da Oficina de Turismo de Chantada. O servizo de atención turística do Concello de Chantada sitúase na casa da cultura que durante esta fin de semana permanecerá pechada. Entre tanto, contarase na carpa da Feira coa caseta de turismo onde atopar toda a información para gozar da Feira do Viño e do municipio.

ACTIVIDADES PARALELAS

A sala principal do Auditorio Municipal acollerá o IV Túnel do Viño de Chantada, proposta que se devolverá durante a fin de semana --en horario de 11.30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 h.-- cun prezo de 10,00 € e aberta ao público, especialmente a profesionais do sector. O tempo de lecer en Chantada completarase estes días coa celebración da XV Feira de Oportunidades e a XIV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra.

PROGRAMA AO DETALLE

Venres, 08 de marzo

  • 20:00 h. Apertura de stands das adegas participantes.
  • 23:30 h. Grupo Tattoo.

Sábado, 09 de marzo

  • 11:30 h. Actuación “Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo”, “Searas”.
  • 12:00 h. Actuación “Agrupación Tradicional da Casa da Música”
  • 13:00 h. Concerto da Banda de Música de Chantada.
  • 17:00h. Actuación “Charanga Union Phenosa”, “Festicultores Troupe”, “Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo” e “Searas”.
  • De 17:30 h a 19:00 h. VIII Cata Popular na carpa principal.
  • 21:30 h. Orquestra Solara
  • 00:30 h. Orquestra Compostela.

Domingo, 10 de marzo

  • 10:30 h. Cata Oficial da XLI Feira do Viño de Chantada.
  • 11:30 h. Gaiteiros “Os Barrios”.
  • 11:30 h. Charanga “NBA”.
  • 12:00 h. Banda de Gaitas do Concello de Chantada.
  • 12:30 h. Representación “de Pura Cepa” (homenaxe @s viticultores).
  • 13:00 h. Pregón da XLI Feira do Viño a cargo de Dna. Fina Casalderrey Fraga.
  • 13:30 h. Entrega de Premios da XLI Feira do Viño de Chantada.
  • 16:30 h. Charanga “NBA”.
  • 16:30 h. Charanga “Louband”.
  • 21:00 h. Orquestra Saudade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta