A subdelegada do Goberno en Pontevedra di que a Policía "nunca deixou de traballar" no caso de Sonia Iglesias

Anuncia que as novas pescudas son "unha liña de investigación" e pide "deixar traballar" á Policía.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 21/02/2018 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Ana Ortiz, afirmou este mércores que "a Policía nunca deixou de traballar" no caso de Sonia Iglesias, "nin noutros" que aínda non están "solucionados". Así o manifestou, en declaracións aos medios, após participar este mércores nunha reunión da Xunta Local de Seguridade de Cangas (Pontevedra).

Unidade de Subsolo da Policía Nacional
Unidade de Subsolo da Policía Nacional | Fonte: Europa Press

A preguntas dos xornalistas sobre o rexistro practicado nunha leira propiedade da exparella de Sonia Iglesias (e único investigado no seu momento pola súa desaparición), e após confirmarse a reapertura xudicial da causa, a subdelegada limitouse a indicar que se trata "dunha liña de investigación" e a pedir "deixar traballar" á Policía.

DETENCIÓNS

Así mesmo, con respecto á posibilidade de que se vaian a producir detencións, Ana Ortiz afirmou que non ten constancia actualmente de que se vaia a producir ningún arresto. Non entanto, precisou que, ao practicarse dilixencias que están sometidas a segredo sumarial, as detencións son algo que "tampouco se pode descartar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta