O PP de Ourense apoia a folga feminista do 8 de marzo, contra as directrices do partido en Madrid

O portavoz do PP na Deputación minimiza a decisión e nega discrepancias: "A xente quere pór divisións onde non as hai".

Por E.P. | OURENSE | 21/02/2018 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O PP de Ourense desmárcase da liña oficial do partido e fará un "chamamento" aos traballadores da Deputación provincial para "secundar a convocatoria de paros laborais e mobilizacións" durante a folga feminista do próximo 8 de marzo, en reivindicación "da igualdade de oportunidades no traballo, na esfera social e do dereito a vivir sen violencia".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nunha entrevista
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nunha entrevista | Fonte: Europa Press

Así o sinala a declaración institucional que está previsto que se aprobe o vindeiro venres no pleno da Deputación, que dirixe o popular Manuel Baltar, e que, en principio, conta co apoio das catro forzas políticas con presenza no ente provincial: PP, PSOE, BNG e Democracia Ourensá (DO).

Ademais dun apoio expreso á convocatoria de folga, o texto comprométese a "trasladar á Xunta, grupos parlamentarios e interlocutores sociais", a "necesidade" de tomar medidas "a través do diálogo social" para evitar situacións de discriminación e levar a cabo o Pacto contra a Violencia de Xénero.

Deste xeito, os 'populares' ourensáns afástanse da postura marcada desde Madrid, que rexeita esta convocatoria por considerala unha "aposta polo enfrontamento entre mulleres e homes" e porque se trata de "unha folga de elites feministas, non de mulleres reais con problemas cotiáns".

É o que sinala o 'Argumentario sobre a folga xeral convocada para o 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller', que cualifica a mobilización como unha folga "elitista e insolidaria".

FEIJÓO: "RESPECTAMOS TODO"

A cuestión coouse este mércores tamén na sesión de control do Parlamento ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, interpelado pola portavoz do BNG, Ana Pontón.

A dirixente nacionalista, quen pediu o apoio explícito á folga, tamén botou en cara a Feijóo que "non haxa nin un só organismo da Xunta que teña un plan de igualdade" e advertiu de que a Administración autonómica acumula "ducias" de sentenzas de traballadoras do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar por cuestións de conciliación.

Despois das respostas recibidas, Pontón concluíu que Feijóo "non está de acordo coa convocatoria de folga" e acusou ao mandatario autonómico de "acollerse ao argumentario do neomachismo". Previamente, ao acusar de "argumentario machista e carca", o presidente da Cámara, Miguel Santalices, pedira á deputada que retirase a expresión do debate porque entendeu que acusara directamente ao PP.

"Respectamos calquera dereito constitucional; folga, paro, un acto cultural, ou xa sexa unha concentración. Respectamos todo", respondeu Feijóo, quen recriminou ao BNG que noutras épocas "calase e mirase para outro lado". Así, reprochou que diga que "as cousas están peor" e sentenciou que "as únicas cousas que están peor neste momento son o seu grupo parlamentario".

"CONCESIÓNS" DE TODOS OS PARTIDOS

Entre tanto, este mércores, o portavoz do PP na Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, rexeitou que a postura dos populares ourensáns vaia en contra da liña oficial do partido. "Nós non o valoramos así. A xente quere quitar punta e pór divisións onde non as hai", dixo.

Álvarez explicou que se ben a declaración institucional a redactou o PP, "matizáronse algunhas cousas". Con todo, considera que o texto final saíu adiante porque "todos" os partidos con presenza na Deputación realizaron concesións.

No caso concreto do PP, sinalou que a formación non esixiu a "retirada" de "expresións ou reivindicacións, como pode ser a folga" porque, "se os partidos están de acordo no esencial, o resto ten que apartarse" en beneficio dos cidadáns.

O PP OURENSÁN CRE QUE O PARO DEBE SER "SIMBÓLICO"

Con todo, defendeu que, para o PP, o paro convocado para o 8 de debería ser "simbólico", sen necesidade de paralizar a vida pública e as empresas ao longo de toda unha xornada.

Nesta liña, apuntou que a decisión final quedará a instancias dos traballadores do ente provincial e que cada "un valorará á súa maneira de como realizar o paro".

Por último, Álvarez pediu que o debate sobre as reclamacións das mulleres non se centre na convocatoria de folga convocada con motivo do Día da Muller Traballadora, senón que "se siga falando deste tema durante os 365 días do ano".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Tocabolas

Pero estre Baltariño non é o que ofrecia posto de traballo a cambio dunha "cabalgada" na suite do Hotel Sanmartín....axiña se lle pegou o feminismo......ou é mala conciencia??.

1 Natasha Rostova delasRestrevas

O problema é convocar folgas deste estilo, coma se a liberación da muller non atinxise a todos e coma se se puidese desmarcar do ideario de esquerdas. Se Baltar é máis listo ou ten mellores asesores que o bloque e os mareantes é mérito seu e demérito (un máis na enorme lista dos outros).

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Ou sexa que lles meten goles en propia porta a todas horas...

3 Natasha Rostova delasRestrevas

Sen lugar a dúbidas xa estades todos e todas. Parabéns, outro exitazo do chachiguaismo e do bloque.

2 Máis PProgres ca os progres

O Partido Progre (PP) a apoiar unha folga feminazi ilegal. Que raro, non mo hexperava

1 Fuilco

Noxento personaxe o da foto e noxenta hipocresía baltarista.