Temas: REFUXIADOS

Manifestación en Vigo para pedir a apertura de fronteiras aos refuxiados

A Rede Galega de Apoio aos Refuxiados convocou o sábado ás 18:00 unha manifestación no segundo aniversario do acordo UE-Turquía. Denuncian así a vulneración da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea e outras directivas europeas sobre dereitos humanos.

Por Moncho Mariño | Vigo | 25/02/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A integrante da Rede Galega de Apoio aos Refuxiados (RGAR), Rita Gallego, describiu os obxectivos desta manifestación en Vigo en que "buscabamos a denuncia do acordo Turquía-UE e o peche das fronteiras no seu segundo aniversario". A manifestación convocouse na viguesa Farola de Urzáiz á que asistiron persoas implicadas coa RGAR, inciandose ás 18:00. Para o domingo día 25 están convocadas concentracións en Santiago na praza do Toural e na Coruña diante do Obelisco, as dúas ás 12:00.

Concentración en Vigo a prol dos refuxiados
Concentración en Vigo a prol dos refuxiados | Fonte: Miguel Núñez

Rita Gallego di que de momento a actuación de España no tema dos refuxiados é de "restrinxir non só a entrada de refuxiados, a pesar do acordo coa Unión Europea de acoller a 17.000". Sobre o número real de refuxiados acollidos dentro do estado, Gallego "descoñezo a cantidade, porque as cifras estanse movendo, non sei a cantidade e non podo dicir un número, haberá algunha cifra pero eu non estarei de acordo".

A campaña en apoio os refuxiados é en todo o estado, con concentracións en numerosas cidades. En Galicia ademais de Coruña e Compostela, haberá actos tamén en Ferrol ou Vilagarcía e noutras vilas e cidades.

Por outra banda, Rita Gallego apuntou que en Galicia "acolléronse familias pero non se completou o número comprometido". Neste caso só foron dúas as unidades familiares traídas. "Non se fixo ningún plan de acollida, a esas dúas familias simplemente as meteron nun sitio e logo pasou o tempo marcado dun ano e medio" declara Gallego "e finalmente fixéronse cargo deles a Cruz Vermella e nestes momento nin están empadroados". A RGAR está a organizar un crowfunding para recadar diñeiro e darlles apoio a estas familias acollidas en Galicia.

Momento da manifestación en Vigo a prol dos refuxiados
Momento da manifestación en Vigo a prol dos refuxiados | Fonte: Miguel Núñez
concentración  a favor dos refuxiados en Vigo
concentración a favor dos refuxiados en Vigo | Fonte: Miguel Núñez
Temas: REFUXIADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Opinador

A realidade é que Galicia non ten capacidade para acoller refuxiados. Non hai traballo que darlles, ¿de qué van vivir se nen os de aquí teñen de qué facelo e emigran?. Os refuxiados terá que acollelos Alemania que rouba toda a riqueza da UE e provocou todo ese desaguisado.

3 Carlos G.

No me vengáis con lloros. Gente como Pontona, Pablo Iglesias, Espinar o Yoli tiene ingresos mas que sobrados para acoger cada uno a media docena de refugiados en su casa. A cuantos acógen?

2 anonimo

Non fagas demagoxia barata ¿Cantos manifestantes pódense permitir acoller refuxiados de forma individual, cando non chegan a fin de mes? ¿Pero cantos pagan impostos?¿E se os impostos non se pagan para garantir os dereitos sociais e os dereitos humanos, para qué se pagan? En vez de subir os orzamentos de defensa, que os adiquen a acoller refuxiados...En vez de exprimir os traballadores, que se faga unha reforma fiscal progresiva e se remate cós paraísos fiscais.. ¿Cando se reclaman pensións, salarios dignos e rendas básicas, estaslle pedindo aos manifestantes que fagan donativos de caridade para axudar a pensionistas, traballadores pobres e persoas sen ingresos? Os que poidan axudarán, pero é responsabilidade de todos reclamar estos dereitos

1 Carlos G.

Cantos refuxiados acolle cada manifestante na súa casa?