O alcalde de Compostela non pedirá "ningún favor" aos Franco para que deixen as estatuas do Mestre Mateo

Martiño Noriega di que o Concello non "ten ferramentas" para impedir que as esculturas saian de Compostela tras concluír a exposición no Pazo de Xelmírez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2018 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, afirmou este martes que o Concello non "ten ferramentas" para impedir que as estatuas do Pórtico da Gloria saian de Santiago de Compostela tras concluír a exposición sobre o Mestre Mateo e afirmou que non pedirá "ningún favor" aos Franco para que permanezan na cidade.

Esculturas Mestro Mateo
Esculturas Mestro Mateo | Fonte: Europa Press

O rexedor compostelán afirmou que, a nivel político, lle gustaría que estas dúas pezas "non se movesen" do Pazo de Xelmírez en tanto que se decide sobre a demanda de propiedade presentada polo Consistorio, pero que, xudicialmente, "non hai ferramentas para impedilo".

De feito, volveu descartar a posibilidade de pedir medidas cautelares ao xulgado, dado que é un mecanismo que desaconsellan os servizos xurídicos que traballan na demanda contra os herdeiros de Carmen Franco.

Do mesmo xeito, descartou de pleno a posibilidade de abrir unha vía de negociación coa familia. "Non, non lle vou a pedir ningún favor á familia Franco, e se iso supón esperar uns meses para ter as pezas, será o prezo que haberá que pagar", dixo o alcalde.

UNHA MEDIDA "SOPESADA"

Martiño Noriega destacou que esta é "a primeira vez na historia" desta reivindicación, iniciada hai tres décadas, na que se "está adoptando unha medida sopesada, seria e moi traballada a través da vía xudicial" para recuperar este patrimonio.

"Esa é a nosa estratexia, na que estamos a investir tempo", dixo o alcalde, que lembrou que se trata dun "enfrontamento de David contra Goliat".

Neste proceso, apuntou, déronse "moitos pasos", coa demanda sustanciada e a idea de que poida existir unha resposta en primeira instancia ao longo deste ano; así como coa declaración BIC para a protección das estatuas de Abraham e Isaac.

"As accións políticas hai que facelas e parécenme ben, pero estou con xente que sabe no campo xurídico e temos a vontade política de facelo aí", resumiu o alcalde.

O PP TAMÉN PIDE MEDIDAS CAUTELARES

Do mesmo xeito que este luns fixo o BNG, nunha protesta ás portas do Pazo de Xelmírez, o Partido Popular, en voz do seu portavoz municipal, Agustín Hernández, reclamou tamén ao Concello de Santiago a petición de medidas cautelares para manter as estatuas na cidade.

Hernández pediu ao alcalde que actúe "con responsabilidade" e que empregue todas as "ferramentas que permite a lei" para manter as estatuas en Santiago e reclamar a súa "titularidade pública".

As estatuas de Abraham e Isaac, realizadas polo Mestre Mateo e pertencentes á fachada orixinal do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, permaneceron no compostelán Pazo de Xelmírez desde o pasado verán, dentro dunha exposición dedicada á obra mateana.

Con todo, a finalización desta mostra o luns, en pleno proceso de demanda da titularidade das pezas por parte do Concello de Santiago, obriga a devolvelas á familia Franco. Fontes próximas á exposición apuntaron que, tras a clausura, se comezará agora a retirada das pezas e a súa protección para o seu traslado, un proceso que pode prolongarse varios días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 BAIXADA DE PANTALONS

xa vemos no que esta quedando do PODREIRO meus amigos, o alcalde golfiño merendiño a mentir, o alcalde non vai tomar ningún-ha medida especial para manter o patrimonio histórico-artístico en SantiAGE de componendas, o alcalde esta a rendirse ante o roubo de franco, a bicar o cuciño dos franco, esta a baixar os pantalons estilo o podreiros... menudo revolucionario, xa vemos o que se pode esperar desta tropa... onde esta comunista dependentista???? anda guapa sal e di algo??? si e que ainda tes algo que decir!!! alcalde canda saias do butacón mira de contratarte no cabildo catedralicio de electricista como aquel outro aparvado que tiña roubado o libro santo do calixtino ise era tamen un sacrílego e non tiña ningún problema en andar robuando por todo o catedralicio adiante - https://www.youtube.com/watch?v=Ebf...