David Bowie, un dos grandes músicos dos últimos tempos, en Lugo

Unha mostra inaugurada este luns repasa a súa traxectoria musical e contará con máis de 1.000 pezas sobre o “Duque Branco”.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

David Bowie será a gran estrela musical de Lugo nas vindeiras semanas. E é que esta figura mundial da música contemporánea é obxecto dunha gran exposición que se inaugurou este luns no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

David Bowie en 1987
David Bowie en 1987 | Fonte: wikipedia

Trátase dunha exposición composta pola colección de Carlos Luxor, que atesourou ao longo dos anos vinilos, películas, libros e multitude de obxectos sobre este artista británico. En total son máis de 1.000 pezas sobre o artista coñecido como Duque Blanco.

No acto de inauguración, a alcaldesa, Lara Méndez, agradeceulle ao gran coleccionista Luxor a oportunidade que ofrece con esta mostra de repasar a vida de Bowie a través da súa obra, tanto cadros, pósters, libros, revistas, como películas, álbumes ou mesmo merchandaising. Así mesmo, agradeceu o interese por expoñer en Lugo esta mostra itinerante, que foi capaz de espertar o interese de 100.000 visitas en Barcelona.

PEZAS ÚNICAS

Entre os máis de 500 elepés e singles que integran a exposición, atópase a edición española de Space Odity, unha das pezas máis valiosas e buscadas da colección xunto ao libro do fotógrafo Mick Rook, The Rise of David Bowie 1972-1973. Está asinado por ambos artistas e é o número 1775 de 1972 exemplares.

Pero ademais da extensa discografía, Carlos Luxor, quen estivo tamén presente no acto de inauguración, suma unha trintena de películas, vídeos musicais e libros que fan referencia a este artista. Algún raros, como é o caso da cinta Soldier, na que sae dous segundo e nin tan sequera o seu nome aparece nos créditos. As últimas pezas que adquiriu son dous moldes de xeso co rostro de Bowie, no Victoria and Albert Museum de Londres. Tamén conseguiu selos da Royal Mail.

CARLOS LUXOR

Carlos Luxor formou parte de distintos grupos leoneses que xurdiron nos anos 80, como Berlín Interior e Los Positivos, co que continúa despois de trinta anos. Tamén foi membro de Metálicos, xunto a Luís Miguélez e Juan Tormento. Tamén colaborou con outras bandas nacionais como Alaska e Fangoria e actuou con Pedro Almodóvar, Fabio McNamara e Bernardo Bonezzi.

Ata os anos 90 o seu traballo centrábase na música, pero como resultado da súa amizade co falecido Tino Casal e o pintor Antonio Villatoro, comezou a combinalo coa pintura. A súa primeira exposición en 1994 foi no Palacio de Gaviria de Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta