Estudantes de Vilagarcía desafían a orde do xulgado de Madrid e realizan unha lectura pública de 'Fariña'

Foi o xeito que tiveron os rapaces dos catro institutos desta localidade de defender a liberdade de expresión e das ideas.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 02/03/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

A voz e a palabra contra a censura. Aconteceu este xoves en Vilagarcía. A voz e a palabra puxérona estudantes dos catro institutos desta localidade. O seu obxectivo, loitar contra a censura dun xulgado de Madrid que decretou a incautación do libro Fariña. E fixérono cun acto masivo a favor da liberdade de expresión e das ideas.

Unha moza realiza unha lectura pública do libro Fariña en Vilagarcía
Unha moza realiza unha lectura pública do libro Fariña en Vilagarcía | Fonte: Leila Meis

Por iso, Auditorio de Vilagarcía de Arousa enchouse de rapaces e de maiores que pretendía reivindicar a liberdade das lectoras e lectores deste país. E alí leron fragmentos do libro de Nacho Carretero sobre o narcotráfico nas Rías Baixas.

Acompañados polos seus profesores, as mozas e mozos reflesionaron deste xeito sobre a liberdade de expresión e sobre a importancia que a literatura ten na sociedade actual.  Acompañaron ás mozas e mozos, o actor Carlos Blanco, a concelleira de cultura da localidade, Sonia Outón, e Carme Durán representando á Fundación Baltasar Garzón.

Tal e como suliña Xavier Campos, un docente dun dos institutos, o acto, que partiu do profesorado, foi sumando numerosos apoios. "Contamos co apoio loxístico do Concello, pero está totalmente desvencellado de calquera partido político, sindicato ou asociación", apunta en declaracións a GC.

Estudantes de Vilagarcía realizan unha lectura pública do libro Fariña
Estudantes de Vilagarcía realizan unha lectura pública do libro Fariña | Fonte: Leila Meis
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Fuilco

Si se califica de censura una medida judicial, apaga y vámonos. El respeto a las actuaciones de la Justicia es una de las bases de cualquier estado de derecho. Otro tema es que se pueda leer en público, algo en lo que no entro.

1 anonimo

E logo,¿a censura non foi sempre apoiada pola lei? ¿Non poden existir leis que limiten e prohiban a liberdade de expresión e publicación, ou interpretación das leis que así o fagan? E quen queira denunciar a censura, ¿non terá que desafiar esas leis?

1 Arturo

O xuzgado de Madrid non ten dito para nada que non se poda leer o libro en público. O titular da noticia é tendencioso.