Castelao, o símbolo "todo terreo"

O BNG conmemora o 125 aniversario do nacemento do político galeguista denunciando ao "españolismo" que se apropia da súa imaxe e que "enterra e sepulta" a súa vertente política.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/01/2011 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

"Non lle poñades chatas á obra namentras non se remata. O que pense que vai mal, que traballe nela. Hai sitio para todos". Esta frase de Castelao foi a última que o presidente da Xunta utilizou nun discurso político e o fixo hai menos dunha semana nun escenario que ao político de Rianxo lle tería gustado estar; no Comité das Rexións da UE.

Non é a primeira vez, nin a última, que os populares utilizan a figura de Castelao. Primeiro foi Manuel Fraga quen tentou romper o monopolio que os nacionalistas tiñan sobre o político rianxeiro e, agora, é Feijóo quen toma o relevo do seu titor e non dubida xa en incluir a Castelao como un referente do ideario galeguista dos populares.

Socialistas


Tampouco os socialistas se quedan atrás. Touriño coma presidente tamén aludiu en varias ocasión ao espíritu galeguista de Castelao e o actual voceiro socialista, Pachi vázquez, tamén ten citado ao político rianxeiro en varias ocasións. Precisamente, o PSdeG celebra o día 25 de xullo cun acto político en Rianxo, concello natal de Castelao.

Unha apropiación do símbolo que non senta nada ben á parroquia nacionalista. E iso foi o que tentou denunciar este domingo o líder do BNG, Guillerme Vázquez, na conmemoración do 125 aniversario do seu nacemento.

Castelao, dos nacionalistas

"Castelao segue a poñer en evidencia ao españolismo que necestia enterralo e sepultalo pois deturpano e converteno nun simpático debuxante", sinalou nun acto no Panteón de Galegos Ilustres en Compostela, lugar onde está enterrado o político.

Por iso, fixo un chamamento aos seus para que "sexan fieis" ao seu "ideario político", ese que os nacionalistas teñen como a súa biblia e que Castelao deixou escrito no "Sempre en Galiza". E nada mellor que contrarestrar a Feijóo con outra frase de calado do político rianxeiro precisamente recollida deste libro: "aprendimos a vivir con asbsoluta independencia dos españois".

"Sempre Castelao, Sempre Galiza"

Unha afirmación que é toda unha declaración de intencións do BNG que quere que Castelao siga sendo o que, segundo eles, sempre foi; un político nacionalista. "Ese Castelao crítico con conservadores e progresistas españois incapaces de aceptar a pluralidade nacional do Estado, e que cuestionaba o capitalismo especulativo. Ese que non se sentou a filosofar, senón que actuou e pagou caro co seu compromiso co exilio", insistiu Guillerme Vázquez.

"Castelao saberá que as súas ideas viven porque estamos nós e porque os que veñan detrás de nós tamén farán que vivan... Sempre Castealo, sempre Galiza", rematou o seu discurso o líder do Bloque. E que mellor tributo a estas verbas que exacerbaron os ánimos nacionalistas que rematar con outros berros máis acordes ao espíritu político de Castelao: "Viva Galiza ceibe".

None

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 115 comentarios

5 Manoliño

Fixádemovos na foto na que se ve á unha rapaza cos ollos pechados, como en trance :D

4 adubaxe

vexo os comentarios anteriores e lembro que aínda hai quen di que a española foi unha transición modélica, canta limpeza faltou por facer!!!

3 jajaja

Caral soooooooooolll con la camisa nueeeeeeeeeeva

2 CranioFreudiano

Eses puños en alto, qué ridículo queda a estas alturas!. A ver cando o BNG supera a fase oral e entra na fase anal, que hai que ir evolucionando. O dia que, tras a fase fálica, chegue á madurez normal e á plena conexión co subconsciente colectivo da cidadanía, mesmo irei votalos!

1 Fálica ñam

Oi carallo! pero así polo menos teñen os puños cerrados...en alto, pero cerrados...pode ser pior

2 Foucellas

Oiche pero ti xa tes a quen votar,no canto do punho en alto tes os da man aberta que che caeran mais simpaticos,ou non?

3 Craniof

Fouciño: debes de ter dúas neuronas: unha para pensar na extrema esquerda, e outra para pensar na extrema dereita. Por iso a mín non me ubicas.

1 Arenga

O Bng deveria fazer o que di(seguir a idiologia que promulgou Castelao) e deixar também de usar a figura de Castelao quando lhe interessa. Nom há nada como predicar co ejemplo.