SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2018 | Actualizada ás 14:17 por EUROPA PRESS
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu este luns que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo "é parte do problema e non da solución" no que respecta á folga indefinida do sector xudicial galego que empezou o 7 de febreiro, e instou aos representantes da Administración a "sentar a negociar" e aceptar a mediación que piden os sindicatos.
"Que acepten a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais e abandonen a prepotencia e chulería", pediu Pontón, quen manifestou que os funcionarios da xustiza en Galicia "teñen dereito a reclamar o fin das discriminacións salariais e máis medios para ter unha xustiza eficiente e eficaz".
Pontón lamentou que os traballadores se atopasen "cun muro de prepotencia" na Administración e situou a Feijóo como "responsable de que a folga se alargue tanto".
Así, reiterou o seu apoio aos traballadores, aos que instou a abandonar "a prepotencia" e sentar "a negociar" coa vía da mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, que é, na súa opinión, "a que pode dar solucións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.