Temas: XUNTA LUGO

As funcionarias que supostamente se negaron a atender en galego alegan dificultade de enteder o "reintegrado"

Utilizaron á entidade Galicia Bilingüe para enviar un comunicado no que din sentirse "acosadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2018 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

As funcionarias que supostamente se negaron a atender en galego a unha muller na delegación da Xunta en Lugo negaron os feitos denunciados tanto pola usuaria como pola asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e denunciaron unha campaña de acoso a través das redes sociais.

Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD
Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD | Fonte: elconfidencialautonomico.com

Nun comunicado difundido a través de Galicia Bilingüe, as traballadoras denunciadas sinalan que a usuaria chegou "fóra do horario de atención ao público" e facilitóuselle "toda a información verbal e documental" relacionada co asunto solicitado. "Non foi ata o final da consulta, cando esta cidadá solicitou ser atendida en galego, nun ton moi desagradable, que non se correspondía co empregado até ese momento por ningunha das partes", sinalan.

As traballadoras sinalan que tiveron "dificultade de atender a súa petición" despois que a denunciante empregase "galego reintegracionista, como o que despois empregou no escrito de queixa", e "unha actitude hostil, dificultando en gran medida a súa comprensión".

"Nese momento, a cidadá comezou a faltarnos ao respecto, con comentarios tales como que nos negabamos a falar galego porque eramos da 'sección feminina', ou que 'queriamos que volvese Franco'. Tamén nos dixo que marcharamos de Galicia. Ao vela alterada, un compañeiro ofreceuse amablemente a falar con ela, accedendo á súa petición de ser atendida en galego, algo que ela xa non quixo aceptar". Por iso, cualificaron de "totalmente falso" a suposta negativa a atender á muller en galego.

Finalmente, denunciaron que, a partir deste incidente, "comezou unha campaña de acoso" nas redes sociais e "mesmo telefonicamente", chegando a recibir chamadas de teléfono con comentarios como 'xa es famosa en internet' ou 'por fin lle poño voz á facha', feitos polos que presentaron denuncia ante a Policía Nacional o día 2 de marzo de 2018.

Temas: XUNTA LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

8 que caras expañolentas

son do pobo orella do sordete, teñen cabaliÑos do demo dando voltas polos tímpanos expañoleiros

7 undelugo

Como pode Comisiones Obreras non defender a unha das suas representantes sindicais, e que esta teña que recurrir a galicia bilingue?

6 Arturo

O idioma oficial de Galicia non é o portugués. E o portugués non unha " variante" ou unha " forma" do galego. E outro idioma.

1 Celidonio

Si Arturo, igualiño que o valenciano é "outro" idioma diferente do catalán, certo? Non é un problema de ideoloxía e de política, igual que non permitir ver a TV3 na Comunidade Valenciana, para nada Arturo, verdade? Tamén xa hai quen defende o andaluz separado do castelán, mesmo hai xa os primeros dicionarios... Hai non, que ti iso non o vas apoiar, vai contra o teu principio de grandeza do idioma imperial! Nada Arturo, ti si que sabes defender a ideoloxía dominadora e a política imposta! A natureza e a cultura non teñen fronteiras, outra cousa son os muros das vosas pechadas cabeciñas...

2 Clases

O andaluz é unha corrupción do castelán, o galego ten un léxico e unha gramática propias, diferentes da portuguesa. É tan diferente do castelán coma do portugués.

3 Laberca

Totalmente de acordo, Arturo. Máis xenreira me dá porque o "reintegrado" nin é portugués, nin galego, nin cousa ningunha. Por experiencia propia teño comprobado que a inmensa maioría dos/as "reintegratas" -poño a man no lume a que esta elementa tamén- criáronse falando castelán.

4 Paco da Rosa

Laberca, presumes do que non sabes (mesmo hai galegos que empregan para o noso idioma a norma do portugués segundo o AO de 1990), e deixas un cheiro fedorento usando termos como 'reintegrata' e 'elementa', estás a un paso de levantar a man cara o sol!

5 Arturo

Os funcionarios non teñen a obriga de entender nen de falar portugués. Coma di outro comentarista: Non existe o " galego reintegrado". Existen o galego e o portugués. E, por favor, que non veñan co rollo ese de que se falásemos portugués, etc, etc, . Nos non falamos portugués. Os lusistas viven nunha burbulla aillada, sectaria e ultraideoloxizada. O que falan e escriben é simpelmente portugués.

4 Xavier Alcalá

Sinto tervos que dicir que aquí hai moito autoodio e moita pailanería. Calquera forma de galego é intelixible para calquera persoa minimamente culta que pense en castelán, pois o castelán é so galego oriental vasquizado e mozarabizado. Pena que a Iniciativa Paz-Andrade se tome de carallada, logo de convertida en lei por unanimidade no Parlamento. Se os galegos estudasen portugués, poderían puír o propio galego e terían nas súas mans un instrumento de comunicación para 300 millóns de persoas en 4 continentes.

1 Apyw

Non é preciso estudar ningún idioma máis, nin sobrecargar os nenos. Galego, castelán, portugués e asturiano son intelixibles entre sí, só hai que ir a Brasil e ver como os arxentinos van pasa-las vacacións alí sen estudar portugués antes, ou os andaluces no Algarve. A escola tedes que deixala fóra dos vosos politiqueos.

2 urco

Só hai que ir a Andaluzia e ver como alemáns e ingleses vam passar as férias sem estudar espanhol antes. Os supremacistas espanhóis tedes que deixar o espanhol fora da escola, segundo vosso razonamento, ao ser umha língua inútil .