Galicia despídese do Pergamiño Vindel, berce da lingua galega

O Museo do Mar, en Vigo, acolleu o acto de despedida do manuscrito con sete 'cantigas de amigo' de Martín Códax, que regresa agora a Estados Unidos. Xunta e Universidade de Vigo, impulsora da exposición, cualifican de "éxito" a mostra.

Por E.P. | VIGO | 05/03/2018 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acolleu este luns o acto de despedida do Pergamiño Vindel, un manuscrito con sete 'cantigas de amigo' de Martín Códax que estivo exposto na cidade desde o pasado mes de outubro.

Acto de despedida do Pergamiño Vindel
Acto de despedida do Pergamiño Vindel | Fonte: Europa Press

Coa presenza de numerosas personalidades, o acto contou con varias actuacións musicais de Roi Casal e Uxía, que interviñeron entre os discursos do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e de Alberto Núñez Feijóo, e que estivo animado por Troula Animación, que trovando lembraron que o pergamiño "se ten que marchar, coas cantigas a outro lugar".

Feijóo congratulouse do "grande interese que suscitou dentro e fóra de Galicia" a chegada deste documento, que atraeu á sociedade galega, a estudantes, a científicos e a especialistas para coñecer de primeira man este elemento "chave da cultura galega". En total, destacou que se superaron os 50.000 visitantes e os 18.000 participantes en actuacións complementarias.

Neste marco, trasladou a súa "sensación agridoce" pola partida do pergamiño, aínda que subliñou o "valor histórico deste seis meses" que estivo en Galicia, por que foi capaz "de lembrar que Galicia é terra aberta", fixo sentir aos galegos o que foron quen de construír ao longo dos séculos e conectou Galicia e a súa cultura "internacionalmente".

Tamén o reitor considerou "unha fazaña histórica" que o pergamiño volveu a Galicia e que "as 'cantigas' regresaron á beira do mar que as viu nacer". "Ilustran o nacemento dunha lingua, é unha ligazón dun encontro mítico, o regreso ao fogar, aínda que pareza unha volta transitoria", apuntou.

O Pergamiño Vindel, exposto en Vigo
O Pergamiño Vindel, exposto en Vigo | Fonte: UVigo. Vindel

Neste sentido, incidiu en que aínda que agora este documento volverá pór "rumbo ás Américas" —en concreto a Nova York—, onde se sitúa a súa propietaria, a Morgan Library, remarcou que esta "non é unha despedida", senón que hai que "celebrar a continuidade deste fito" e "facer o posible por tentar que volva".

CONTINUAR A COLABORACIÓN

Mato explicou posteriormente que agora o pergamiño debe regresar a Nova York, e acto seguido enviará aos propietarios unha carta de agradecemento na que tamén transmitirá o que este evento supuxo para Galicia desde o punto de vista académico, social, cultural e de impacto emocional.

Con iso, manifestará o interese da universidade en manter a porta aberta e "continuar coa colaboración", e, a partir de aí, esperará "que eles digan maneiras de colaborar". En todo caso, incidiu en que o seu obxectivo é unha colaboración porque a Morgan Library non é "unha institución que venda, senón que compra", polo que o documento "non está en venda".

É por isto que, en relación ao anuncio feito este mesmo luns polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, de convocar un pleno extraordinario para que o Ministerio de Cultura inicie negociacións para adquirir o Pergamiño Vindel, dixo que non sabe "cal é o significado". "A min dixéronme que non o queren vender, se cadra se pregunta outro...", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Paio Curvo de Toronho

O Pergaminho Vindel foi produzido em Toronho. Toronho é "a Tabàrnia galega" mas, a diferença da trapalhada espanholista essa, é lusista e tem ũa base real. Aliás, realenga ;) Assinai aí para fazer Toronho grande outra vez!!! https://www.change.org/p/exmo-senho...

1 Anonimo

Como lloraba feijoneta que cara de triste tenia el lameculos mayor de galicia ademas de cobarde