O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, puxo en valor a figura da fotógrafa Mary Quintero e a súa "pisada na historia colectiva" de Galicia.
Unha ducia de veciños do concello de Sada pecháronse durante case dez días no interior dunha vella cafetería para resistir a orde de derribo que a ameaza. O goberno local asegura que o edificio é ilegal, pero os implicados no encerro aluden a intereses políticos.
  comenta   4
A artista Margarida Mariño foi a encargada de musicar a obra "Tigres coma cabalos" da próxima homenaxeada no Día das Letras Galegas.
  comenta   0
Fai seis días dixo que o seu partido non faría precampaña. Reclama un goberno "libre" e "non sometido a intereses dunha minoría".
Un dos membros da tripulación faleceu en Portugal nun accidente co barco en 2017.
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, di que é "inaudito" e unha "absoluta irresponsabilidade" que o concello vigués sexa a única cidade de Europa que se siga negando a sinalizar o Camiño de Santiago.
O Museo do Mar, en Vigo, acolleu o acto de despedida do manuscrito con sete 'cantigas de amigo' de Martín Códax, que regresa agora a Estados Unidos. Xunta e Universidade de Vigo, impulsora da exposición, cualifican de "éxito" a mostra.
  comenta   2
Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística celebran esta data no Museo do Mar, onde se atopa exposta temporalmente unha das grandes alfaias da lingua galega, o pergamilño coas cantigas de Martín Códax.
  comenta   0
Axentes da Policía Autonómica identificaron preto do Museo do Mar os propietarios dunha embarcación e levantaron acta por marisqueo ilegal. Dos crustáceos intervidos, 514 foron devoltos ao mar e 75 doados a dous centros benéficos.
  comenta   0
Os visitantes do Museo do Mar poderán ver pezas de arte sacra, documentos, e réplicas de instrumentos musicais medievais, que acompañan o manuscrito que contén sete cantigas de amigo de Martín Codax, cedido polo Morgan Library & Museum de Nova York.
  comenta   0
O Museo do Mar inaugura este martes a exposición na que se mostrará por primeira vez aos galegos o Pergamiño Vindel, de volta ao país tras 800 anos. A inauguración será presidida polo rei emérito español Juan Carlos I.
  comenta   4
A obra que contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax xa se expón no Museo do Mar de Vigo. O Pergamiño foi sacado por dous minutos na urna na que se conserva para ser mostrado aos medios. En marzo de 2018 volverá a Nova York.
  comenta   7
Científicos mostran nun documental o seu traballo con especies como o cabaliño do mar en contornas como as Illas Cíes, onde investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo documentaron por primeira vez a presenza desta especie no arquipélago galego, no marco do proxecto Hippoparques.
  comenta   1
O documento orixinal das sete cantigas de amigo de Martin Codax regresará a Vigo en outubro, onde será exposto até marzo de 2018 no Museo do Mar. Chegará procedente de Nova York, tras máis de corenta anos depositado no Morgan Library Museum.
  comenta   1
Un colaborador do Museo do Mar descubriu o xacemento, no que se localizaron varias ferramentas de pedra. O achado permite documentar a presenza de humanos en Vigo dende hai polo menos 150.000 anos.
  comenta   0