Os paros no ensino en Galicia do 70% dos sindicatos ao 21% da Xunta

A diferenza é máis notable se se miran as cifras entre o seguimento no ensino público e o concertado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2018 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Fontes sindicais aseguran que os docentes de "moitos" dos centros de Galicia secundaron ao 100% os paros parciais. Noutros casos, as cifras que manexan están entre o 50 e o 70%. De aí ese 70% "alto" de seguimento entre os docentes que calculan. En canto ao alumnado, estiman que un 90% dos de secundaria e o sistema universitario sumáronse aos paros.

Concentración polo 8M en Santiago
Concentración polo 8M en Santiago | Fonte: Europa Press

A Xunta, pola súa banda, fixa nun 21,5% o seguimento no ámbito educativo, incluíndo os centros públicos e concertados. En termos absolutos, estas cifras tradúcense en 7.230 persoas que participaron na folga, segundo Vicepresidencia, dun total de 36.795.

Desagregados, a porcentaxe, indica, foi do 23,81% no sector público e do 7,91% no concertado. Engade ademais que se cumpriron ao 100% os servizos mínimos, que se fixaron en 2.476 persoas, e que as ausencias justificadas foron 623.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta