Revilla: "Feijóo me tiene un poco de pelusilla...de envidia"

O presidente da Comunidade Autónoma de Cantabria lamenta que o seu homólogo galego "fuera a mi casa a criticarme" e asegura que Alberto Nuñez Feijóo faino por envexa.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 06/02/2011 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Miguel Ángel Revilla volveu referirse este sábado ás críticas que Alberto Núñez Feijóo lle fixo nun mitin do PP de Cantabria. O xefe do executivo galego criticoulle que "traballa pouco e va moito aos platós de televisións".

"No entiendo porque dijo eso. Yo tenía una relación cordial con él. Pero que venga a mi tierra a criticarme...Yo creo que me tiene un poco de pelusilla..de envidia". Foi a resposta de Reveilla que volveu falar deste asunto noutro plató de televisión, en La Noria, de Telecinco.

O presidente cántabro dixo que lle molestaran especialmente estas críticas de Feijóo porque aprecia aos galegos. "Son, depués de los asturianos, a los que más aprecio tengo", sinalou. Así, dixo que o pai da súa muller era de Lugo, dos Ancares, e por iso van con certa frecuencia a esta provincia. "Y ella habla en gallego", sinalou.

Relacións cordiais

Así, destacou que non entende as palabras de Feijóo, máxime, cando manteñen unha boa relación institucional. "Yo siempre que voy allí lo aviso por cortesía. No hemos cruzado más de cinco minutos de conversación pero había, pensaba yo, buena relación".

Por iso, sorprendeulle as críticas de Feijóo e, sobre todo, que o fixera en Santander, na súa terra. "Que te vengan a tu casa a criticar no es muy normal...Quizá sea por que tiene pelusilla, envidia".

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 anonimo

a mi cualquiera que ñe cante las cuarenta al tramposo de Feijoo me ce bien. esty harto de ver como enmarcaran a este trepa los del equipo de comunicacion del PP, ayudados por las prenss COMPRADA, el ranking de medios comprados directamente, ya no por el pp sino por el mismo Feijoo son (por orden de unte): el gato al agua, Onda Cero, el correo gallego, y despues los de casa pp tipo la Razón. Pese a tdo Feijoo sigue siendo lo que es, un tipo mediocre, con poca cultura, ambicioso trepa y capaz d etraicionar quien sea. y su imaagen sobre todo fuera de Galicia le tiene obsesionado asi que SEÑOR REVILLA CHAPEAU Y GRACIAS-

7 eueu

Vai falar de traballar pouco o señorito lambada!

6 anton

Dixo que a muller era da Pontenova a 20 km da mariña. repasade a xeografia

1 Perucho

Pois eu escoiteille tamén dicir na Noria que a súa muller era galega, de preto dos Ancares. Así dixo.

2 Outro da Pontenova

E logo. Na Pontenova fálase ruso?. O tipo dixo que a súa muller era de Lugo o cal ten mérito porque está incluíndo a Pontenova no que é a Galicia histórica máis alá de fronteiras artificiosas.

5 Perucho

Xa sabemos que Feijóo pasou máis días fóra de Galiza ca en Galiza no mes de xaneiro, mesmo sen computar os días de vacacións brasileiros. Esta é a realidade, a compañada de culpas a ZP e ao goberno central por todo para desviar a atención sobre a súa nula capacidade para incidir no emprego e na mellora dos resultados industriais dende a Xunta. Máis alá de regalar cartos pola compra de coches, o recambio de caldeiras ou ventás térmicas non fai nada. Ehem, perdón, favorecer os medios e empresas amigas en todo o relacionado coa publicidade institucional.

4 Balbino

Son os dous un par de tristes pallasos que viven a conta da ignorancia e a falta de autoestima dos seus respectivos pobos. Parecen pai e fillo. O fillo avergoñase do pai. Sinte noxo dos seus orixes familiares, pero, por máis que medre no mundo dos caciquiños sempre será un chourizo. Igual que o pai, Revilla, outro chourizo.

1 CranioF

Entón, hai algún que sexa bó? Quizáis Ibarretxe ou Artur Mas, sempre chorando de que España non lles entende, España non lles dá, España lles ataca...?

2 Porco Jones

A verdade é que imos aviados con calquera deles, e, aínda mais, as opcións que nos da a esquerda tampouco son para botar foguetes. Non sei vos, pero eu extranho ao candidato Llamazares, uma xoia entre a morralha da política patria.