Por Europa Press / Redacción | Compostela | 23/08/2025 | Actualizada ás 16:32
A ministra de Defensa, Margarita Robles, asegurou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e o Exercito de Terra seguirán despregados en territorio galego o tempo "que sexa necesario" para continuar a súa loita contra a onda de incendios que afecta a Galicia, principalmente á provincia de Ourense onde se mantén activa a situación 2.
Así o detallou este sábado aos medios de comunicación tras visitar a base Xeral Trasfogueiro, no municipio pontevedrés de Vilaboa, para coñecer do despregamento da Brilat na operación 'Sentinela Galego', que ten como misión a vixilancia e disuasión. "Tanto esta operación como a presenza da UME vai estar en Galicia o tempo que sexa necesario ata que, non só cando se extinguiron os incendios, senón que, dalgunha maneira, podamos respirar un pouco máis tranquilos", asegurou Robles, nun acto no que estivo acompañada pola conselleria do Medio do Rural, María José Gómez, e polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.
Neste sentido, Robles dirixiuse á conselleira e asegurou que a Xunta "pode contar" tanto coa UME como co Exército de Terra ata que a "normalidade" volva a Galicia que se "o merece tanto e sufriu moito". "Ás veces é moi fácil desde os despachos falar, dar opinións, pero eles, os nosos militares, a nosa UME, os nosos exércitos son os que se xogan a vida e sen non houbo maiores desgrazas nuns incendios que non teñen precedente en 20 anos foi grazas ao labor do exercito", afirmou.
A operación 'Sentinela Galego', que pola onda de incendios incrementou as patrullas despregadas, desenvólvese cada ano entre o 15 de agosto e o 30 de setembro, pero esta vez continuará sobre o terreo o tempo que "sexa necesario".
COORDINACIÓN DE ADMINISTRACIÓNS
A continuación, Robles volveu a remarcar a importancia da coordinación entre Administracións xa que traballando xuntas "son máis fortes". "Neste momento os cidadáns pídennos moita unidade", esgrimiu a ministra.
Así mesmo, enviou unha mensaxe aos cidadáns que "teñen que saber e ser moi conscientes" de que a UME, o Exército de Terra, a Infantaría de Mariña e o Exército do Aire, estiveron "envorcados desde o primeiro día" para loitar contra os incendios. "Pagaron un prezo importante porque tamén temos soldados que sufriron queimaduras importantes", apuntou á ministra, á vez que incidiu en que "soamente" os profesionais preparados poden atacar o lume.
XUNTA
Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, pediu a colaboración do Exército de Terra para realizar labores de prevención tras os incendios e adecuar as zonas queimadas para que o arrastre por choivas teña a "menor afectación posible" en zonas poboadas. A conselleira, tras agradecer o traballo realizado polas Forzas Armadas despregadas para facer fronte aos lumes forestais de Galicia, pediu a súa colaboración nas tarefas postincendios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.