Revilla: "Feijóo me tiene un poco de pelusilla...de envidia"

O presidente da Comunidade Autónoma de Cantabria lamenta que o seu homólogo galego "fuera a mi casa a criticarme" e asegura que Alberto Nuñez Feijóo faino por envexa.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 06/02/2011 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Miguel Ángel Revilla volveu referirse este sábado ás críticas que Alberto Núñez Feijóo lle fixo nun mitin do PP de Cantabria. O xefe do executivo galego criticoulle que "traballa pouco e va moito aos platós de televisións".

"No entiendo porque dijo eso. Yo tenía una relación cordial con él. Pero que venga a mi tierra a criticarme...Yo creo que me tiene un poco de pelusilla..de envidia". Foi a resposta de Reveilla que volveu falar deste asunto noutro plató de televisión, en La Noria, de Telecinco.

O presidente cántabro dixo que lle molestaran especialmente estas críticas de Feijóo porque aprecia aos galegos. "Son, depués de los asturianos, a los que más aprecio tengo", sinalou. Así, dixo que o pai da súa muller era de Lugo, dos Ancares, e por iso van con certa frecuencia a esta provincia. "Y ella habla en gallego", sinalou.

Relacións cordiais

Así, destacou que non entende as palabras de Feijóo, máxime, cando manteñen unha boa relación institucional. "Yo siempre que voy allí lo aviso por cortesía. No hemos cruzado más de cinco minutos de conversación pero había, pensaba yo, buena relación".

Por iso, sorprendeulle as críticas de Feijóo e, sobre todo, que o fixera en Santander, na súa terra. "Que te vengan a tu casa a criticar no es muy normal...Quizá sea por que tiene pelusilla, envidia".

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

3 Manoliño

Vin parte da entrevista, e deume unha imaxe dun tío "normal". Nesa entrevista chamoume a atención a irrelevancia do nacionalismo galego. Dixo algo así como que Cantabria era orgullosa de seu pero española até as cachas "aquí no tenemos partidos nacionalistas como en Cataluña e no País Vasco", co cal equipara o nacionalismo galego, ao nacionalismo andaluz, irrelevantes e até descoñecidos. Tamén penso que obtivo aplausos cando se referiu á chorrada dos pinganillos, auspiciada polo nacionalismo catalán e vasco, co cal volveu a dar unha imaxe de invisibilidade do nacionalismo galego.

1 anchoa

Non me parece que sexa novidade o silenciamento mediático do nacionalismo galego, agás cando electoralmente pode convir para axitalo como un máis dos demos que impiden que España recupere as súas glorias imperiais. Tampouco me parece novidosa a perfecta identificación do señor Revilla coa españolidade. Poucas cidades máis españolas coñezo que Santander. É lóxico e normal porque eles se senten cómodos como "región" de España e ao único que aspiran é a que dentro desa España unida se lles recoñeza o saborosas que son as súas anchoas e o fermosas que son as súas paisaxes. Xusto o mesmiño co que se conforman moitas galegas e galegos. Nin sequera considerei nunca ao señor Revilla un "rexionalista" ao uso, ao xeito en que o puido ser aquí Coalición Galega. Conclusión: Revilla está contento con España e España está contenta con Revilla. Que máis se pode desexar?

2 Manoliño

Non é que exista un silenciamento mediático do nacionalismo, tan so ocorre que o nacionalismo en Galicia ten unha presencia irrelevante. Posuidos de que están en posesión da verdade, seguen a ser "os tolos do bloque" e así foi como a xente común os percibiu sempre, entre a risa e a indiferencia. O nacionalismo catalán ou vasco conqueriu cousas para os seus respectivos territorios ou influiu de xeito decisivo na política xeral de toda a nación, caso da supresión dos gobernos civís ¿Pero que fixo o nacionalismo galego con trascendencia? ¿Apoiar os pinganillos? Non fixeron nada, e hoxe en día é unha forza que esmorece por non ter os pes no chan, por querer facernos cataláns, pobo ao que admiran, despreciando a nosa propia idiosincrasia. Logo chegaron á Xunta de carambola, e todo o mundo viu que eran como PP e SOE.

3 Manolo

Algo hicieron, ser los únicos, junto con el PSOE, que mantuvieron a la nefasta Maleni de ministra de fomento, mientras que esta recortaba inversiones en infraestructuras en Galicia. Para que luego digan.

4 Rayleigh

Si tremendo..quedábanlle 3 meses e xa se sabía que non ía repetir. Quizaís o que tiñamos que facer é darlle a medalla de ouro de Galiza pero faltoulle mandar un petroleiro ó 5º pino e encher de merda a costa dende Portugal a Francia. Unha mágoa.

2 Hamlet

"lle molestaran especialmente estas críticas de Feijóo porque aprecia aos galegos". Feijoo non se representa nin a sí mesmo. Non é máis ca un testaferros da faes. ....E os votantes do pp aplaudindo coas orellas.

1 CranioF

Non me extraña nada, Feijóo é un aburrido de carallo, oxalá tivéramos a Revilla de presidente, e Feijóo a facer exercicios espirituais.