Ana Pontón: "O cambio político en Galicia vai empezar nas eleccións municipais"

A portavoz nacional do BNG di que no momento actual o PP non revalidaría a súa maioría nunhas autonómicas cun Alberto Núñez Feijóo que "non é capaz" de defender os intereses de Galicia, debido á súa propia "ambición persoal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2018 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Nunha entrevista á Cadena Ser, "desde a humildade pero con todo o optimismo", cre que o BNG "irá a por todas". Considera que "fortalecer a alternativa que representa o BNG" é unha aposta "sólida" para quen queren uns concellos "que realmente funcionen, que melloren a calidade de vida dos cidadáns, que lles dean contornas saudables e que recuperen o público para a cidadanía".

Ana Pontón, en entrevista en Radio Galicia
Ana Pontón, en entrevista en Radio Galicia | Fonte: Europa Press

Ana Pontón admitiu que a formación nacionalista xoga "moito nas municipais", xa que a alternativa é "manter os gobernos que están a funcionar ou pór en marcha cambios desde a base que permitan ter concellos abertos aos servizos dos cidadáns".

Ante o seu apoio político a outras formacións puntualizou que "sempre que ese cambio dependa do BNG" e o PP non conte con maiorías absolutas "favorecerase que haxa alternativas"; iso si, farase "sobre a base dun programa" e da necesidade de acometer "cambios reais".

FEIJÓO, "INCAPAZ" DE DEFENDER A GALICIA POLA SÚA "AMBICIÓN PERSOAL"

Pontón está "convencida" de que "se neste momento houbese eleccións" autonómicas, o PP non revalidaría a maioría absoluta. Arremeteu duramente contra Feijóo e os continuos rumores do seu futuro en Madrid. "Creo que o maior problema que ten Galicia é un goberno sen proxecto, á deriva e esgotado; a maior debilidade, un presidente que, por ambición persoal, non é capaz de defender os nosos intereses e fainos perder oportunidades".

Para Pontón, a "submisión absoluta" de Feijóo aos "intereses do seu partido" provoca que "nunca Galicia fose tan irrelevante e maltratada como hoxe co PP" e esa situación deixa "consecuencias que os cidadáns ven". A portavoz nacional agregou que lle "cansa" o "culebrón" de Feijóo como sucesor de Mariano Rajoy xa que non lle parece "relevante" o "punto de destino" do presidente galego, quen "está claro que se presentou para irse".

"O importante é que temos un goberno dimitido porque non está a defender os intereses de Galicia e non ten ningún proxecto" a excepción, aseverou, "sa demolición dos servizos públicos", o que demostra ao "seguir adiante" coa Lei de Sanidade ou coa súa "incapacidade" para defender aos pensionistas galegos coas pensións máis baixas.

Ademais, Pontón bota en falta alternativas ante as baixas pensións, a mala calidade do emprego ou a emigración dos mozos e está segura de que a "inxente mobilización social" é "máis importante" en Galicia que no resto do Estado. Sobre as reclamacións dos pensionistas, no próximo pleno do Parlamento, o Bloque presenta unha iniciativa para mellorar a pensión non contributiva dos galegos. Respecto diso, Pontón argumentou que "con 40 millóns de euros poderíanse mellorar unhas pensións que están por baixo do limiar da pobreza, 346 euros mensuais".

Por iso, Pontón non entende "como o presidente da Xunta non se pon ao lado dos pensionistas". "Estou convencida de que en 9.000 millóns de euros do orzamento da Xunta hai 40 para atender unha situación de emerxencia como a que teñen esas persoas".

"CANSAZO COAS POLÍTICAS DO PP"

"Hai un cansazo coas políticas do PP, coas políticas da dereita, cos recortes" xa que os cidadáns "non entenden por que, se o discurso oficial é que saímos da crise, nas súas vidas non o fan". Por iso, fala "dun punto de inflexión" que marcará o cambio político.

A líder dos nacionalistas galegos cre que as organizacións políticas deben estar "moi atentas" a "o que pasa na rúa" grazas ao "importante" traballo "de reivindicación, de dicir "¡basta xa!" de sindicatos e plataformas, e que aos partidos lles toca "participar e fortalecer" ese movemento social. Neste contexto, o BNG "tende a man" para "acompañar esa indignación" e transformala "nun cambio político". "Estamos en condicións de poder liderar unha alternativa ao PP" porque o modelo da dereita, "o que se impulsa desde as institucións europeas" provoca un "empobrecimiento" da poboación.

"O PIB de Galicia é superior ao que había antes da crise pero temos salarios máis baixos, menos emprego, hai máis pobreza, segue habendo emigración de xente nova e é evidente que se necesita un cambio de paradigma e que o modelo do PP está esgotado".

Pontón non ve contradición entre a súa oferta a liderar o cambio e que a súa forza sexa a menos representada no Parlamento xa que sostén que a sociedade percibe ao BNG como "unha organización á alza na que confiar". "A percepción que teño, polo que podo palpar na rúa, é que xeramos ao noso redor unha corrente de ilusión" e, por iso, "desde a humildade e a fortaleza de ter un proxecto sólido e unido" está convencida de que teñen "posibilidades de liderar esa alternativa".

DOUS ANOS DE ILUSIÓN

Así se manifestou Ana Pontón, cando se cumpren dous anos á fronte do BNG, un tempo no que "desde o inconformismo" atopa "motivos" para estar "satisfeita co traballo deste novo equipo". "Conseguimos recuperar a ilusión, que se nos vexa como unha forza unida cun proxecto cohesionado, que temos unha alternativa que representa a modernización deste país e a solución aos problemas estruturais que vimos arrastrando". Entre as sombras deste período, sinala que aínda están "a mellorar e ampliando a base organizada dentro do nacionalismo e superando banzos para saír adiante".

Foron, así, vinte e catro meses nos que, apunta, non só se freou a sangría de militantes senón que se rexistra "un incremento moi importante" de afiliados, sobre todo novos e mulleres, algo "moi importante" nun momento no que "o debate sobre os dereitos das mulleres está máis presente que nunca" e de aí a importancia "de que existan en política mulleres con perspectiva feminista, que defendan que a axenda política ten que incorporar o debate sobre a igualdade como un elemento crave". Para mostra, referiuse ao grupo parlamentario, no que as mulleres forman unha "maioría esmagadora".

CAMBIOS EN VIGO E OURENSE, INCÓGNITA EN SANTIAGO

Antes do verán, o BNG fará públicos os candidatos ás alcaldías das cidades galegas "e dalgunha vila". O rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantense como unha "figura sólida" que non cre que vaia a ser cuestionada.

Para Vigo e para Ourense anunciou "apostas importantes", mentres que dá todo o seu apoio ao actual e "magnífico" portavoz en Santiago, Rubén Cela, quen xa expresou as súas dúbidas sobre repetir como cabeza de lista.

A Pontón gustaríalle reducir a "fenda" que existe aínda entre alcaldes e alcaldesas na política municipal, "onde máis está a custar" superar o teito de cristal. Á espera do que elixan os militantes en cada localidade, o "compromiso claro" dos nacionalistas, engadiu, pasa por listas paritarias e cremalleira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

6 Fran do Covelo

a estas alturas as Mareas de Podemos, o inimigo natural do Bloque por competir no mesmo terreo, vanse papar o Bloque en Compostela e na Coruña, tamen en Ferrol Lugo e Ourense. Un consello, no Bloque centradevos en Vigo, ali as Mareas do PCE non dan o nivel e podedes pescar algo. Con todo, se precisalo, iredes en axuda de Caballero, ese alcalde impresentable que vos colocastes e seguides apoiando (Carmela Silva). Concluindo, deberia darche vergoña botar a lingua a pacer. Podes estar satisfeita de acabar, ti e o Beiras, co nacionalismo galego. Falta humildade e sobra unto no Bloque.

1 La pastillita loqui

Asi que querías dejar governar al PP en Vigo y la diputacion eh loquito louzanista

5 Alberte

Ponte Vedra, Alhariz, Tominho, Riba d´Eu, São Sadurninho, Rianxo,.. Eis o bom trabalho (sempre melhorável, com certeza) do BNG. Nós sempre em positivo.

1 ECarballo

Hai que partir dunha base que moitos do PP e do PSOE esquecen (vou calar sobre as Mareas): O BNG ten moita xente preparada, que coñece moi ben o país, que antes coñeceron a súa historia e o seu concello que a política. NON son, moitos deles, militantes porque si, mais porque non hai outro partido no que poderían facer valer as súas ideas de país. Non son dos que pagan 10000 euros por estar de primeiros nunha lista...van porque xa teñen algo pensado para mellorar. E lamento moito que sexa o único partido onde podan facelo...era mellor 3 ou catro partidos nacionalistas como el. Porque certamente non é perfecto, nin moito menos...precisa competencia doutros para que se poda mellorar.

2 o freire

Eu tamen apoio o modelo Pontevedra: touros subvencionados polo BNG (de directa a indirecta, polo tapado), artistas estrela da Peregrina os ultrafascistas (Bertin Osborne, Alaska), privatizacions, desfiles militares... Ribadeo, o que "agasajar" (sic) o Borbon no caso do pequeno Nicolas... uns lugares especiais, exemplo Pontevedra, gaña o BNG nas municipais e arrasa Feixo e Raxoi nas demais. Todo un modelo.

3 Penitentiagite

Freire, di algún concello co mesmo éxito internacional que Pontevedra (ou Allariz) ou faite mirar a envexa, polo fracaso que sodes os PPsoeiros, ao psiquiatra de garda. Vas aviado se pensas que aquí che vou a deixar coar o de subvención ás touradas ou "agasajar" ó Borbón.

4 Natasha Rostova delasRestrevas

Hai de todo nesa lista e nalgúns lugares mellorable por suposto nada semellante ao caos e inoperancia das Mareas, pero mellorable. As chachiguayprogrelandias non deberían estar tan presentes coma están nalgúns deses concellos e bótase en falta o pulo do inicio.

5 Che vou a deixar coar

Que pobreza de papista lorista bloqueado, hai fontes polo que o teu "che vou deixar coar" de españolizado taparrabos é ridículo. Subvención DIRECTA do BNG aos touros: https://www.google.es/amp/s/www.lav... . Regalo ao Borbón: https://www.google.es/amp/s/www.lav... . En Atersmedia está a declaración, co "agasajar" do alcalde de Ribadeo. Como hai outra declaración dun veciño que vincula o poder local de Tomiño co clan dos Morones, mentres a alcaldesa se esconde... Viñas por caldo, toma dobre taza! E tapa mellor o rabo do teu amo!

6 Penitentiagite

Parvadas varias, como eu pensaba que ias dicir. Pero ti, ridiculo PPsoeiro, pensas que vas enganar algunha alma perdida por repetir MILLEIROS de veces a parvicie de que se financian as touradas en Pontevedra dende o concello? Eu repetirei que non se financian as touradas, senon que se paga por aproveitar un espazo PRIVADO para actos do concello...nin me vou a parar no resto, non paga a pena, meu troll PPsoeiro. Pregunto,OUTRA VEZ, para que che vaia doendo o non ter resposta axeitada: Hai UN concello dos vosos que o fixera mellor que Pontevedra ou Allariz? E vai roendo a cunca, que ainda agardo que volvas para recalcarcho...con moito gusto meu, por certo, que non son do BNG, pero moito menos do fracaso que sodes o resto.

7 Che vou a deixar coar

Estupendo taparrabos do BNG, cal é o meu partido? Frio, frio! E saber ler? Lores, alcalde de Pontevedra polo BNG financiou DiRECTAMENTE os touros nos primeiros anos de mandato (hai documentos que o certifican!), no palco da praza sentou, compartiu e defendeu publicamente os touros un coñecido concelleiro do goberno do BNG (Miguel Filgueiras, hai documentos!), e agora o BNG para silenciar a vergoña pasou a subvención directa a tapada (hai documentos!). E agora, sabendo da túa necesidade de caldo graxo dime, nas reunións entre o concello de Pontevedra e a mafia de Aquagest, o representante do concello de Pontevedra era o responsable de finanzas do BNG nacional (que non era de Pontevedra, non tiña cargo en tal cidade, hai documentos!), e ti ainda non cheiras o podre? Que o demo che conserve o olfato e as tragadeiras, vas de crítico co sistema e es peor que o PPsoE! Unto, graxa, podre e españolismo: modelo Pontevedra!

8 Penitentiagite2

Imos ver, meu troll PPsoeiro, eu "saber" ler...e ti?... Sacado da túa vinculación: «En todos os partidos existen persoas taurinas, máis mentres isto non interfira na posición a prol da abolición da tauromaquia que si defende activamente o BNG, xunto con AGE e unha parte do PSdeG, non debería existir problema» dito pola plataforma antitaurina nesa mesma nova. "Sí es cierto que en ambos casos se especifica que el acuerdo formalizado entre el Concello y la empresa Plazas y Toros es sobre la utilización de la plaza para «espectáculos non taurino" E agora, respostada como creo a p. que che proe, pregunto: Hai UN concello dos vosos que tivera tantos premios e agasallos internacionais como Allariz ou Pontevedra? Por que e que, tendo mais poder, mais apoio do goberno e tal....NON FACEDES NADA, PPsoeiros? E deixa descansar por agora...que me cansan os parvos.

9 Che vou a aprender a ler

"El Concello de Pontevedra subvencionó de forma directa las corridas de toros de la feria de A Peregrina. Ocurrió por lo menos en el año 2001, según se recoge en el texto del convenio que el alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), firmó con Eduardo Lozano, en representación de la propiedad de la plaza de toros de la ciudad, el 5 de julio de aquel año". Insisto: saber ler! E rascar se proer!

10 Che vou lubrificar a mente

Querer máis? Vai chupando: https://www.google.es/amp/s/www.lav... . Para facilitar o ler: "Tanto el BNG, en el gobierno local, como el resto de los grupos municipales reiteraron en el último pleno incoherencias con relación a las corridas taurinas"."Después de 18 años de alcaldías de Miguel Anxo Fernández Lores con gobiernos municipales encabezados por el BNG… ¿alguien aún se cree que el Bloque quiera sinceramente cargarse los toros en Pontevedra? Ni hablar. No quiso ni quiere comerse semejante marrón. Saben de la enorme impopularidad que les generaría una decisión tal. Por tanto han recreado y perfeccionado un discurso justificativo". Non podo axudar no comprender, ponlle vaselina!

11 Penitentiagite2.1

Nada, sermos mantidos, a mesma leria de sempre...soamente que agora, como lle tes medo ao que ti mesmo publicas ( non vaia ser que a xente lea algo fora dos titulares), traes axuda do que opina un pro-taurino. Mira, o que opines ti e o pro-taurino que che gusta, importa o mesmo que se te deslizas e te matas nas babas. E xa que falas de aprender aos demais, vai aprendendo ti, falabarato, a responderr a pregunta que che proe, doe e fai arrabear: Hai UN concello dos vosos que tivera tantos premios e agasallos internacionais como Allariz ou Pontevedra? Deica logo, PPsoeiro vendido e envexoso.

12 Natacha Delasrestrevas

Se no permite o acalorado defensor do BNG, un consello desde fóra: evidente que Pontevedra e Allariz son modelo no urbanismo, na aposta polo pobo e pola xente... Non hai cor. Agora ben, tamén hai sombras, o tema do espectáculo taurino é unha vergoña para quen se di nacionalista galego e defensor da nosa cultura. Chamarlle incoherencia é moi suave. Non insistas se pretendes defender o BNG, pois canto máis remexes, máis fede... Salvo que non sexas amigo do BNG, e estes facéndote pasar por tal para ridiculizalo. Hai que saber estar, debater cando temos argumentos sólidos, fuxir da lama e non entrar ao trapo cando sabes que é o toureiro quen o manexa para que embistas e te esnafres. Neste caso a túa defensa é patética, nin o BNG, nin Lores, precisan avogados tan penosos. Por iso sospeito que es un trasvestido facéndote pasar por amigo...

13 Penitentiagite

Se mo permite a que ve as cousas dende 'fora'. Nin a ti, nin a outro vendido 'amiguito' que non lea nin o que manda ler lle dou creto. Os feitos son tal e como os dixen, non quito nin vou por ren. E si, para dicir que se fai unha mala defensa te tes que vestir de feira vas aviada . A vosa teima en dar rumores por feitos e de idiotas. Si por tomar unha copa de viño, ou que outro te de un posto no 'Klass', ou que un empresario diga o que crea do BNG, e do que vaia facer, uns mantidos coma vos pensades que cambian en algo as cousas e que sodes parvos rematados. O que cambia as cousas son os feitos, e os feitos son que o resto e un fracaso. Nin touros nin touradas que vaian, seguide cos rumores que , CON MOITO GUSTO, ides tragar a vosa propia baba.

14 Penaquedades

E unha cousa mais: Quen siga os comentarios, pode deducir quen veu a enmerdar esta nova intencionadamente. De agora en adiante non terei problema en seguir este tipo de comentarios ata o fin e faltar ao respecto tal coma vos...VENDIDOS... A vosa censura, acoso e teima en faltar ao respecto a quen o fixo mellor que vos e a quen apoia a mellor alternativa posible a metedes polo c.

4 cazarraposas

Estimada Ana, imos xogar limpo. Ti dis que o BNG é unha forza que vai "liderar a alternativa ao PP", "en ascenso", falas de "incremento"... Pois apostamos! Eu, un ninguén, digo todo o contrario: vai pasar a ser a quinta (5° e derradeiro lugar). Así de duro e de evidente. Triste tamén (pois as outras convencen menos, e nada favorecen aos galegos). Agora ben, algunha responsabilidade terás ti e a cúpula? Pola mesma, non será que estás mentindo, enganando e falseando a realidade? Sendo así, o mínimo que che podemos pedir é que unha vez comprobado que es unha farsante debes dimitir. Agardo sentado pola túa decencia.

1 A señorita da Reboraina

Así é. E seguramente inda peor porque o de intentar apostar a ser coma as Mareas e o chachiguaysmo fíxolles perder votos, cando menos o meu. O PP gobernará, só ou con Ciudadanos ou quen sabe, ao mellor co PSOE. http://www.publico.es/politica/scc-... As Mareas malia a súa incapacidade de xestionar nada e a súa carencia de coherencia esquerdista (Podemos que eu saiba oculta un día si e outro tamén o seu suposto republicanismo) manteranse grazas ao apoio da súa "cadena". E o resto seguiremos a convivir coa precarización e as retalladas. Xa nin penso no que será da miña lingua que xa a dou por desaparecida. Mil grazas Beiras. Que gran patriota acabaches sendo... Pero non galego.

2 A señorita da Reboraina

Hai anos que o predicín. Hai anos que xa sabía coma todo isto acabaría, coas Mareas dominadas por IU e CCOO aínda que só sexa porque son os únicos que teñen cargos e liberados que van traballando. Acredito que foi unha operación moi ben deseñada menos para espíritos inquisitivos coma min que sempre intuín que había algo que se escapaba. Desconfío de todo o que é publicitado polos medios coma cambio. Nestes anos cambiaron moitas cousas, mira ata ti e eu acabamos converxendo e pensando o mesmo ou case con respecto ao futuro que é ben negro.

3 A señorita da Reboraina

Que mágoa que os que contribuístes a este futuro negro apoiando a quen destruíu a esquerda española e a esquerda nacionalista galega veñades agora a dar leccións. Lección podémolas dar a xente coma min. Non ti que fuches por acción ou omisión dos seus. En fin, sexamos prácticos e pidamos para Beiras unha medalla Castelao ou xa postos a Real Orde de Isabel la Católica. En verdade é merecedor delas. Que máis ca el traballou para acabar co nacionalismo galego? Hai máis, pero primeiro cómpre comezar polo líder, quero dicir ex-líder. Aquí só lidera Pablo e o resto obedecen.

3 Xan do Can

Ana Pontona, lideresa sinigual!!! Exemplo de muller emprendedora: desde a adolecencia colocada, mantida e sustentada polo Partido. Oficio único: vivir da política profesional. Obxectivo confesable: manterse no poleiro. Ideoloxía verdadeira: modelo trepadora neta, vai facer todo o posible para non perder o cume da onda, e nunca vai arriscar, por tanto é unha valía segura para o sistema que lle paga o abultado salario. Resume: a cómplice perfecta do noxento sistema corrupto que nos desgoberna. Contigo, Ana Pontona, o PPsoE ten o poder asegurado. E se é precio viras a chaqueta: Leiceaga, Francés, Portomarín, Porquería, Cañiza... para seguir na onda! A boa onda!

1 La pastillita loqui

Por que la llamas Pontona loquita tu te tomas el pastillito

2 moinhos

Adiante Ana Sen ningunha dubida, Ana Pontón é á mellor política de Galicia neste.momeento.