Temas: XUSTIZA FOLGA

A Xunta melloraría a última oferta pero ve "excesiva" a demanda dos sindicatos da Xustiza

O acordo "está practicamente pechado" nos puntos relativos ás IT e as substitucións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2018 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asegurou que a Xunta quere "mellorar" a oferta realizada na reunión mantida cos sindicatos de xustiza o 9 de marzo , unha alza de 105 euros, no encontro deste luns aínda que volveu a considerar que a petición do comité de folga é "de xeito evidente excesiva", esixen 190 euros.

Reunión Folga Xustiza
Reunión Folga Xustiza

Juan José Martín, que atendeu aos medios no receso que acordaron ambas as partes para comer, destacou que o Goberno galego acode a esta cita co "espírito de chegar a un acordo para solucionar a situación" que "padece toda a comunidade" con 41 días de folga. En concreto, segundo explicou, durante a xornada de mañá, Xunta e sindicatos abordaron a cuestión das incapacidades temporais (IT) e as substitucións, nas que o acordo "está practicamente pechado", cuestión que ratificou Manuel Díaz de UXT, que atendeu aos medios como portavoz do Comité.

"Temos xa acordada unha redacción para o suposto das IT, para que se poida establecer aquí en Galicia o acordo asinado no Ministerio de Hacienda a semana pasada", explicou o director xeral, que sinalou que se establece unha "normativa similar á que teñen no Ministerio" e á dos "xuíces, fiscais e letrados".

Martín precisou que, no relativo ás substitucións, a Xunta aproveitará o receso para comer, até as 16,00 horas, para redactar un texto para "acordalo" cos sindicatos "e que quede pechado". Ademais, pola tarde tamén buscarán chegar a un acordo sobre a situación 36 prazas de reforzo así como sobre as amortizacións acordadas en 2012.

A CUESTIÓN ECONÓMICA

O director xeral de Xustiza recoñeceu que a cuestión económica é a que "ten máis distanciadas" a ambas as partes. Así, destacou que a Xunta se "guía" polo acordo parlamentario que "insta o Goberno galego a negociar cos representantes sindicais para conseguir" situar as retribucións dos funcionarios galegos en de as comunidades.

"Tivemos xa un claro avance a semana pasada no sentido de concretar que estas comunidades son aquelas que teñen transferidas as competencias, 12, máis outra unidade que serían as cinco xestionadas polo ministerio", sinalou Martín.

Pola súa banda, Manuel Díaz (UXT), como portavoz do comité de folga, explicou que o "tema salarial" queda "para a sobremesa" nunha reunión que, na súa opinión, transcorreu con "talante acougado". Con todo, o mesmo augurou que as negociacións se estenderán "até a cea".

Temas: XUSTIZA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta