A autovía Santiago-Lugo inicia "o final" da súa construción cun tramo cuxa conclusión está prevista para 2022

A autovía que conectará Santiago de Compostela con Lugo iniciou este martes "o final" da súa construción, en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, acompañando ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, participou na colocación da primeira pedra do tramo Arzúa-Melide, cuxa conclusión está prevista para o ano 2022.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 13:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A autovía que conectará Santiago de Compostela con Lugo iniciou este martes "o final" da súa construción, en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, acompañando ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, participou na colocación da primeira pedra do tramo Arzúa-Melide, cuxa conclusión está prevista para o ano 2022.

Ante as autoridades presentes e os medios de comunicación, Núñez Feijóo lembrou que "se empezou a falar" desta autovía a finais dos anos 90 do pasado século. De feito, rememorou a inauguración do primeiro tramo (entre Santiago e Lavacolla) en 1999 por parte dos expresidentes da Xunta e do Goberno central Manuel Fraga e José María Aznar, respectivamente.

Así, "acariñando o final dunha obra esperada", un "éxito conxunto do pobo galego" ao seu xuízo, o xefe do Executivo autonómico apuntou á data "crave" do próximo Ano Santo (en 2021) para lanzarlle unha mensaxe ao titular de Fomento. Para entón, dixo, as "principais autovías" deberían estar "a funcionar".

Pola súa banda, De la Serna, que cifrou en 103 millóns de euros o custo do tramo de 16 quilómetros que agora empeza a construírse, valorou a redución en tempo e o incremento en seguridade que suporá a obra, ademais de facer un extenso repaso ás principais infraestruturas que o seu departamento acomete na comunidade. "Esta semana o BOE falou completamente en galego", afirmou, após sinalar a varias actuacións.

(Haberá ampliación con foto)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta