Unha deputada de En Marea, implicada nunha disputa coa Policía de Santiago

O atestado policial recolle que "dificultou" a identificación dun mozo e a parlamentaria defende que mediou para acougar a situación. Os feitos ocorreron durante un control contra o vandalismo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea e inscrita de Podemos, Paula Quinteiro viuse envolta nunha disputa coa Policía Local de Santiago na madrugada do sábado ao domingo da pasada fin de semana, cando os axentes realizaban un control após unha denuncia por vandalismo. Segundo recolle o atestado policial,  cuxas dilixencias foron trasladas á Policía Nacional, Quinteiro formaba parte dun grupo de mozos que esa noite foi interceptado polos axentes despois de que un veciño denunciase a rotura de varios espellos retrovisores dos coches estacionados nunha rúa próxima.

A deputada Paula Quinteiro de En Marea
A deputada Paula Quinteiro de En Marea | Fonte: Europa Press

O relato policial sinala que atopou a un grupo de 15 mozos, un deles con gorro verde --o que coincidía coa denuncia do veciño-- e outro cunha botella de cervexa que "mostraba actitude de tentar golpear diverso mobiliario urbano" e que chegou a gritar "Policía, fillos de puta", segundo recolle o atestado. Os axentes solicitaron a dotación doutra patrulla nese momento.

Foi nese momento, cando tentaron identificar a unha das persoas que ían no grupo cando sucedeu a disputa. Segundo o relato policial, pediuse ao mozo que "se mostraba máis agresivo e que anteriormente insultara e fixera unha 'peineta'" aos axentes que se identificase e a deputada, que acudiu até o lugar "chamada" polo mozo "interpúxose entre o home, exhibindo un cartón parlamentario, tratando de impedir a identificación e dificultando en todo momento a intervención da Policía".

Con todo, Paula Quinteiro, afirmou que un dos policías actuou "de forma desmedida e foi violento" e, mesmo, chegou a deixar no chan ao mozo. A Policía sinala, pola contra, que ante a resistencia a identificarse do novo, foi "conducido ao chan onde foi reducido", momento no que accedeu a entregar o DNI, que o identifica como Fernando B.R., e que tamén está vinculado co mesmo movemento político. "A miña única intención foi tratar de mediar e de que o problema pasase; en ningún momento obstaculizar. Díxenlle que se identificase", afirmou Quinteiro.

Fronte á versión dada ela, o atestado policial asegura que se identificou como "deputada" con afirmacións de que estaban "a interferir o seu labor como parlamentaria" e mesmo ameazou con "interpor unha interpelación parlamentaria ante o Parlamento galego pola actuación policial".Con todo, Paula Quinteiro rexeitou esta versión e asegurou  que, cando se identificou como deputada, foi "empuxada" ao carón. "O único que quería era mediar e buscar unha solución", insistiu a deputada.

DIFICULTAR

Ao longo do atestado policial repítese que a parlamentaria "insistiu en dificultar a actuación policial" e que cando se lle pediu que se identificase, volveu exhibir o carné da Cámara. Ademais, a Policía Local, que non identificou a ningunha outra persona, tamén di no parte que a deputada "colleu disimuladamente un teléfono móbil do chan" que era "material policial" e que devolveu no momento indicando que "o colleu porque pensaba que era dun compañeiro seu".

APOIO DO GRUPO

Paula Quinteiro mostrouse "sorprendida" por que transcendese o ocorrido o pasado sábado, xa que non lle deu "ningunha relevancia". Explicou que a ela non lle pediron identificación e que acudiu xunto ao outro mozo porque entendeu qeu "había unha actuación policial desmedida e desproporcionada por parte dun axente".

Quinteiro insistiu en que a súa "única intención" foi tratar de "mediar" e que o "problema pasase". "Eu persoalmente identifiqueime eu, por vontade propia", aseverou a parlamentaria, quen ante as palabras que recolle o atestado sobre que aludiu á súa condición de aforada dixo en "ningún momento fixo valer ningún tipo de dereito".A parlamentaria asegurou que, en todo caso, comentou o ocorrido ao portavoz do Grupo de En Marea, Luís Villares, o mesmo domingo e que recibiu o "apoio" da formación política.

Fontes policiais  indicaron que a Policía Local non elevou ningunha proposta de sanción para estas dúas persoas identificadas, pero as dilixencias pasaron á Policía Nacional que, pola súa banda, tamén requiriu a documentación unha terceira persona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 a-getas das tar-getas

Se a podemitosa e xeirosa deputada, demite, de que partido é o/a que vai de seguinte na lista? Ok, non hai máis preghuntas, mareados.

7 Retrovisores fascistas

Curiosa mistura de kaleborroka e o "usted no sabe con quién esta hablando" de toda a vida. Dimitirá a representante do partido que viña a traer a ética á política, ou resistirá como pepeiros e sociatas?

6 nostrus

Paula di: "A miña única intención foi tratar de mediar"!!!!!!!!,......¿acaso a policia lle pediu axuda para poder facer o seu traballo?. Esta tipa non tiña nada que meter as narices onde non lle correspondia y, según se ve, o cartón parlamentario úsao para vacilar e para asovallar. En tempos un carné da Falange usábase de xeito similar.

5 E ISTO A ROBOLUCION???

como dicen, son istes os deputados "gamberros" dos que falaba o vello -VIEIRAS que non eran marea sinon podreiros (o bagazo do pe$oe), e por ahí de mediador o xuiz, xuiz villano e moito a cousa, Que pouca vida tes xuiz villano, os zombies de walking dead están en mellor estado de saude, villanías receitarche reconstituintes e complexos vitaminados e pouco, terian que darche bebidas hipercaloricas, e sigues e sigues a quen pretendes engañar, a marea refluxe, o partido instrumental, ten de instrumento o pito dun sereo e polo tanto todos rinse, a santucho e un butre esperando a catástrofe xeneralizada que ven, cada quen desexa o desastre do outro, os anovados dos reanovados, os podreiros dos IU ilusionistas unidos, a marea e dos naufragos da ideoloxias que soamente viven do raconcor residual, desde faimerriche o ultimo monifate, pero que caste de política e ista e que referente son eles...

4 Me se cuadren oñio

Usté no sabe conquien estáblando que soy diputada !