Temas: ARXENTINA ACTOR

Morreu Emilio Disi, un dos grandes actores arxentinos de orixe galega

O seu verdadeiro nome era Emilio Parada. Os seus pais eran orixinarios da Coruña e Leiro (Ourense) e foi un dos comendiantes máis famosos da Arxentina.

Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 21/03/2018 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Emilio Disi, nome artístico de Emilio Parada, morreu este martes aos 75 anos nunha clínica do barrio porteño de Belgrano. Foi un dos grandes actores de Arxentina e tivo unha destacada carreira como comediante no cinema e a TV, pero tamén sorprendeu polas súas incursións dramáticas

Morreu Emilio Parada, máis coñecido como Emilio Disi, actor galego arxentino
Morreu Emilio Parada, máis coñecido como Emilio Disi, actor galego arxentino | Fonte: Santacruzporelmundo.com

Parada era descendente de galegos. Os seus pais eran orixinarios da Coruña e Leiro (Ourense). Foi moi coñecido entre os latinos dos Estados Unidos e o Caribe.  Era irmán do tamén falecido Pepe Parada, o coñecido como “Rey da noite porteña”.

Era moi coñecido grazas ás súas varias aparicións no cinema e a TV durante o últimas catro décadas. O actor naceu o 2 de xaneiro de 1943 no barrio porteño de San Cristóbal e conta a historia que para diferenciarse do seu irmán adoptou o apelido Disi en homenaxe á famosa óptica 'Dei Si' que atopou nunha guía telefónica.

Fanático do Racing de Avellaneda, a Emilio déuselle polo fútbol e mesmo chegou a xogar nas inferiores deste club e tamén de Huracán e San Lorenzo. “En realidade, nacín para ser futbolista, pero aos 15 anos picoume o bichito do teatro, porque Pepe –o irmán-- vivía no Maipo ou no Nacional e eu ía visitalo seguido. E el, que era de revista, díxome 'Si querés ser actor, tenés que estudiar' e iso que era outro galego bruto como eu. Deille bóla e metinme no Conservatorio de Arte Dramática. Nesa época tiñas que ter o secundario feito e, como eran tantas as ganas de estar aí, nun mes rendín todas as equivalencias de cuarto e quinto ano. E entrei aos 16”, recollía o matutino Clarín.

Temas: ARXENTINA ACTOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta