A Fiscalía ve "indicios de delito" na morte dunha doente nun corredor do Clínico de Santiago

A denuncia recolle que "tardaron un tempo en atendela". A coalición médica CESM-O'Mega "aplaude" a decisión do Ministerio Público e subliña que "non se aumentaron" os espazos de traballo. Sanidade di que está disposta a colaborar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2018 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Fiscalía remitiu a un xulgado de Santiago unha denuncia por considerar que "hai indicios de delito" na morte dunha doente. O suceso acontecera mentres a doente esperaba asistencia nun corredor no servizo de Urxencias do complexo hospitalario compostelán (CHUS) en febreiro de 2017.

Clínico, Chus
Clínico, Chus

Segundo confirmaron fontes da Fiscalía, despois dunha denuncia recibida pola morte dunha doente á que "tardaron un tempo en atender" e faleceu cando a foron a asistir en Urxencias, o Ministerio Fiscal analizou os feitos e falou con testemuñas. Despois disto decidiu formular denuncia nun xulgado. As mesmas fontes indicaron que agora será o xulgado correspondente o que "determinará se houbo neglixencia ou deficiencia na atención" da persona falecida en Urxencias.

Respecto diso, a delegada sindical de CESM-O'Mega Fátima Nercellas, que se encargou de denunciar estes feitos ante a Fiscalía, explicou, en declaracións a Europa Press, que este foi o terceiro falecemento denunciado nuns corredores de Urxencias do CHUS nos últimos anos, polo que "aplauden" a decisión do Ministerio Público.

Fátima Nercellas comentou que morre "un paciente cada ano" de media en corredores de Urxencias do CHUS. Segundo dixo, trátase de "pacientes graves esperando espazo para ser atendidos". "Hai un ano denunciei o terceiro falecemento", lembrou, para matizar que o 31 de xaneiro pechouse a investigación do Ministerio Fiscal e a Fiscalía presentou denuncia no xulgado de garda compostelán correspondente.

MÁIS ESPAZOS

A delegada sindical lembrou que "hai tres anos" convocaron folga "pola falta de espazos para traballar" en Urxencias e para demandar máis persoal. Sobre iso, Nercellas matizou que se incrementou un médico na quenda de noite, pero "os espazos non aumentaron", feito que "foi denunciado nun xulgado do Social".

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario
Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario | Fonte: Asociación de Usuarios do CHUS.

"Urxencias úsase como almacén de doentes pendente de ingreso", denunciou Nercellas, quen explicou que contan con "69 sitios" para atender, cando teñen de media entre "15 e 30" pacientes pendentes de ingreso acumulados. Do total de espazos, así mesmo, puntualizou que "14 non teñen dotación de persoal e ábrense con reforzo".

DISPOSTA A COLABORAR

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade expresou este luns a súa disposición a "colaborar coa máxima transparencia" na investigación. Así o indicaron a Europa Press fontes de Sanidade, que puntualizaron que "a día de hoxe non consta no Sergas ningún tipo de requirimento nin petición" de informe "por parte da Fiscalía" nese sentido.

Pacientes encamados e en cadeiras de roda nos corredores de Urxencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Pacientes encamados e en cadeiras de roda nos corredores de Urxencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Fuilco

Por suposto. Finalmente os erros paganse co diñeiro de todos. E o médico o burócrata infractor segue ao seu.

3 Nurtio

Que anos tiña a persoa que morreu? Tiña algunha enfermidade previa? Que anos teñen as persoas que falecen en Urxencias? Paréceme básico para saber se isto é importante ou non

1 Testigof8xk

No sé a qué médico te refieres. El problema es que en Urgencias escasean los médicos y los pacientes se "aparcan" en urgencias, literalmente, porque en planta tampoco hay médicos para atenderlos. Yo pasé 4 días en urgencias aparcada y podría haberme muerto de lo que fuese y soy joven. Hay un problema de falta de personal gravísimo. En Urgencias, además deberían estar los mejores y no MIR recién aterrizados.

2 Braisiño

Dálles igual. Se hai indemnización, pagámola todos. Viva el vino !!!!!!

1 Testigof8xk

Yo vi con mis propios ojos como las urgencias del CHUAC eran un auténtico corredor de desahucios de gente mayor. Durante el fin de semana los únicos médicos que atendían a los encamillados eran MIR sin experiencia ninguna, ATS contratados por 5 horas al mes, etc. Había personal de limpieza y poco más. Había una persona responsable con la lista de pacientes y tardaba horas en leerla, deseando marcharse y cargarle los muertos al siguiente que llegase. Las personas mayores gritaban, gemían, y nadie les atendía. Los familiares estaban fuera sin saber lo que pasaba dentro, supongo que confiando en que sus mayores estaban siendo atendidos. Varias personas se murieron delante de mis ojos. Entonces entraban un servicio de traslado de cadáveres puntual y rápido, que tenía que mover todas las camillas amontonadas para acceder. Esperpéntico, kafkiano.