Temas: HEPATITE C

O BNG ve un "escándalo" para os enfermos de Hepatites C que marche para o ministerio unha imputada

Tamén censuraron este posible nomeamento o resto dos grupos da oposición no Parlamento galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2018 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, considerou unha "burla" e un "escándalo" para os enfermos da Hepatite C o posible nomeamento de Carolina González-Criado para un posto no Ministerio de Sanidad, xa que está investigada na causa pola dispensación dos novos medicamentos para esa doenza.

Olalla Rodil, deputada do BNG, en rolda de prensa
Olalla Rodil, deputada do BNG, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

A preguntas dos xornalistas en rolda de prensa este mércores, Rodil remarcou que ofrecerlle un posto na Secretaría de Medicamento constitúe unha "burla ao conxunto das persoas que viven neste país". "Non nos parece nin de lonxe a persoa máis adecuada", remarcou.

O Ministerio de Sanidad solicitou a incorporación de Carolina González-Criado, que é funcionaria e subdirectora de Farmacia do Sergas, para participar nun estudo relacionado coa área farmacéutica. Con este fin, ela solicitou o cesamento "a petición propia".

Ademais das críticas do BNG, tamén censuraron este posible nomeamento o resto dos grupos da oposición no Parlamento galego, mentres que o PPdeG defendeu que lle avala o currículo para este posible novo cargo.

Temas: HEPATITE C
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta