Alerta de nivel laranxa por un temporal costeiro en todo o litoral galego a partir da madrugada

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir da madrugada deste xoves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2018 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta madrugada espérase temporal costeiro por vento do oeste ao sudoeste rolando a noroeste de forza 8, e mar combinada con ondas que poden alcanzar os 7-8 metros.

Ondas na costa vasca
Ondas na costa vasca | Fonte: Europa Press

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, de diques e paseos marítimos. Tamén recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta