Retoman a busca da moza ourensá á que arrastrou o mar o venres santo na Coruña

50 efectivos participan nos labores de procura da moza de 22 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2018 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Os labores de busca da moza ourensá de 22 anos á que arrastrou un golpe de mar a madrugada do venres santo na Coruña retomáronse ás 10,00 horas deste sábado. O director de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña, Carlos García Touriñán, informou de que participan 50 efectivos.

Buscan a unha moza á que arrastrou o mar na Coruña
Buscan a unha moza á que arrastrou o mar na Coruña | Fonte: Europa Press

Desde terra, o rastrexo realízano efectivos de Protección Civil, mentres que na auga hai bombeiros e dúas embarcacións. A todos eles súmase desde o aire un helicóptero de Salvamento Marítimo.

Aínda que se prevén condicións meteorolóxicas mellores que as deste venres, que dificultaron as tarefas, García Touriñán apuntou que polo momento non son "moito mellores".

A concelleira responsable de seguridade cidadá, Rocío Fraga, sinalou a última hora da tarde do venres que a intención durante esta xornada é, se as condicións do mar o permiten, mergullar en zonas rochosas próximas onde se produciu o incidente, na coraza que separa as praias de Riazor e do Orzán.

A concelleira avanzou que no mediodía deste sábado, coa baixamar, é o momento no que o dispositivo centra as súas maiores esperanzas para dar co corpo da nova.

O pai e a irmá da muller, "esnaquizados" e "en shock", acudiron á Coruña xunto a outros familiares para seguir de preto os labores de buscxa e recibiron atención psicolóxica. O Consistorio coruñés está "en permanente contacto telefónico" con eles.

A moza de 22 anos desprazouse á Coruña de visita durante a noite do xoves e na madrugada do venres, pouco antes das 6,00 horas, ía cun grupo de amigos, xunto aos que se achegou á coraza, segundo apuntou Fraga, de maneira "imprudente" para ver as ondas. Estaba declarada unha alerta de nivel laranxa por fenómenos costeiros en todo o litoral galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Carlos Collado

Una noticia desafortunadamamente triste. Espero que los equipos de rescate se pongan en marcha y solucionen lo ocurrido.