A foto do fascista Millán Astray nun cartel de lexionarios leva a polémica á Deputación de Pontevedra

A institución provincial volveu imprimir sen o seu logo os carteis coa figura do fundador da Lexión. Di que a intención era deixar de colaborar, pero que unha vez aprobada a solicitude é obrigación legal "reparar o dano" da retirada. Entre as actividades que PSdeG e BNG ían apoiar estaba un concerto a cargo da Banda de Música e do coro da Brilat e manobras "en procura de zulos terroristas".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/04/2018 | Actualizada ás 22:13

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra volveu imprimir sen o seu logotipo os 200 carteis dunhas xornadas que programou a Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios para veteranos no municipio pontevedrés de Barro baixo o título 'IV Manobras Simuladas Millán Astray', segundo a información achegada a Europa Press por fontes vinculadas á organización e que corroboraron fontes do ente provincial.

Cartel co programa da Irmandade de Cabaleiros da Lexión
Cartel co programa da Irmandade de Cabaleiros da Lexión | Fonte: Europa Press

A Deputación de Pontevedra emitiu este martes un comunicado no que recoñecía que imprimira 200 carteis deste evento pero que, posteriormente, retirou a colaboración ao constatar a presenza de Millán Astray no letreiro que anuncia a xornada prevista para finais do mes de abril e que se desenvolverá en terreos da Igrexa.

De feito, atribuíu esta situación a que a entidade ocultara na solicitude de colaboración en que consistían as xornadas. É máis, fontes da entidade explicaran a Europa Press que se lle deu o "ok" á colaboración da Deputación e logo a entidade enviou directamente á imprenta o cartel sen pasar por ningún outro filtro, segundo estas fontes.

Con todo, o portavoz da Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios, Guillermo Rocafort, asegurou a Europa Press que "non houbo mala fe" na solicitude e que, ao contrario, informóuselles do seu acto. Ademais, defendeu que Millán Astray é "o seu fundador, e non Julio Verne" e que por iso é polo que o evento de convivencia leva o seu nome.

OBRIGA LEGAL

Fontes da Deputación de Pontevedra subliñaron a Europa Press que a Asesoría Xurídica advertiu de que, unha vez que se fixo a colaboración, a entidade organizadora tiña dereito a reclamar os carteis para "reparar o dano" dunha eventual retirada. É dicir, aínda que a súa vontade fose a de retirar a colaboración, esta opción xa non é posible: ou se manteñen os carteis co logotipo da Deputación ou se difunden os novos impresos sen a marca institucional, pero a cargo igualmente da imprenta provincial.

A Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios retirou das redes sociais o cartel antigo, segundo se pode comprobar na páxina de facebook. Con todo, os carteis novos sen o logotipo non foron entregados aínda. O portavoz da Hermandad dixo a Europa Press que o representante en Galicia acudiu á "imprenta" a recollelos pero alí dixéronlle que "xa os enviaron á Deputación" e, ao non poder acudir nese momento, tiña previsto facelo este mércores pola mañá. Dos 200 impresos, indicaron que só se chegaron a colocar 15.

CONCELLO DE BARRO E "MALESTAR"

No programa de actividades tamén se inclúen accións na zona de ría Barosa, un espazo paisaxístico cun muíño de auga e cataratas situado no municipio de Barro. O seu alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG), confirmou a Europa Press que remitiu este mesmo martes un comunicado á Irmandade esixindo a retirada desa referencia, xa que "non teñen autorización" para ningunha actividade en terreos públicos, e após coñecer o cartel sen que se tramitaron "permisos" ante a institución local.

Ante a difusión do cartel co seu logotipo, a Deputación de Pontevedra chegou a expresar no comunicado o seu "malestar" por non ser informada da "veracidade sobre o contido da actividade".

De feito, no mesmo comunicado lembra que o goberno provincial, que sosteñen PSdeG e BNG, vénse "desmarcando, desde a súa chegada, de todos os actos que se aparten do recoñecemento ás persoas que loitaron pola democracia" en España e segue promovendo a recuperación da memoria histórica e os actos de homenaxe á loita antifranquista.

EN TERREOS DA IGREXA E "ZULOS TERRORISTAS"

Fontes da Hermandad de Caballeros de la Legión indicaron a Europa Press que a pesar das "patadas" que lles están dando, o evento segue adiante e celebrarase en terreos da Igrexa de San Breixo, cuxo párroco está previsto que ofreza unha misa o domingo 29. Ademais, segundo explicou, prestoulles os terreos para a actividade da simulación de manobras.

Ademais, a Hermandad defende a legalidade do seu evento e a figura de Millán Astray, do que din que "non é franquista", e, de feito, fontes desta entidade indicaron a Europa Press que o saúdo que fai no cartel coa man alzada "non é franquista".

No programa de actividades, que se pode consultar na súa páxina de facebook, recóllense accións como sendeirismo, manobras, corredores de lume, unha misa, concerto a cargo da Banda de Música e do coro da Brilat e manobras "en procura de zulos terroristas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Dalle que libras

Que guai o BNGuai

4 comunista independentista

Bloque Neo-sipaio Galaico-español.

3 Filipo R

Qué chorrada. A saber lo que entiende el becario por "fascista". Y mientras tanto, la estatua del asesino genocida llamado Che Guevara sigue en el municipio más rico de Galicia. Toma ecuanimidad

2 Antinostrus

E os moi marulos dín que o paranormal do Astrai non era franquista....que llo pergunten, de resucitar, a Unamuno...o moi primate era aínda mais franquista que Franco (como Ruiz Gallardón mais fa cha que o seu Pai, en palabras deste).

1 Antinostrus

Supoño que o Palanganeiro Maior do evento será o cipaiomononeuronal do Nostrus...ao mellor atopa entre os decanos da entidade psiquiátrica organizadora (por que olla que hai que estar tarumba para acreditar, a estas alturas do século XXI, no principio "alalegiónsevieneamorir") ao montador da súa Nai in preterido tempo e pode celebrar o seu dia, aínda que sexa con retraso........