Fermín Muguruza (Irún) aterrará en Compostela o 15 de marzo dentro da xira polos seus corenta anos tocando, creando filmes, cómics e comprometéndose politicamente. Sobre este aspecto e sobre todo, como a música e a arte en xeral pode ser unha arma contra o fascismo, falamos con el. Tamén do seu compromiso coas frontes populares amplas, caso de EH-Bildu e da necesidade de crear cantas máis mellor para frear a ultradereita. Sobre Galicia espera que os movementos sociais poidan frear Altri e lle dean unha lección de democracia á clase política
  comenta   0
Noutras autonomías se están levando a cabo políticas proactivas da memoria, recuperando espazos, con vontade educativa, con excursións, para que visiten as crianzas... Tamén hai contidos renovados na rede, con itinerarios da memoria histórica.
  comenta   10
A lóxica expectación creada arredor das eleccións celebradas este pasado día 5 nos Estados Unidos xa ten un desenlace práctico. Donald Trump regresa á Casa Branca cun poder absoluto: ademais de conseguir a vitoria fronte a Kamala Harris (nesta ocasión, obtendo tamén unha maioría de votos populares), ten asegurado o control da Cámara de Representantes e do Senado e segue mantendo a coñecida maioría de membros do Tribunal Supremo.
  comenta   0
De súpeto, non hai clase baixa. Polo visto, abonda con ingresar 11.400 euros anuais brutos para non pertencer a ela, e con subir dos 30.500 para pertencer á clase alta.
  comenta   0
En 2014 o alemán Wilfried Stuckmann ficou pampo cando soubo que o hotel de luxo onde se aloxaba, San Marcos en León, fora un campo de concentración franquista. Sete anos despois Paradores honrou nun solemne acto ás víctimas, coa presenza mesmo do último sobrevivente, Josep Sala. Estes actos de desagravio son comúns en países civilizados europeos desde a inmediata postguerra. Empresas e multinacionais que empregaron man de obra escrava pediron perdón e encetaron un programa de indemnizacións e reparacións.
  comenta   0
A peza teatral, protagonizada polo cómico e bufón de sona internacional, chega ao Auditorio de Verín o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas.
  comenta   0
Non se pode dicir que Barcelona non o intente. Agora, a editorial Arpa saca 'Madrid DF', un libro que explicita de modo estrepitoso o elefante madrileño na cacharraría española. Enric Juliana e Pedro Vallín semellan estar detrás da enésima performance parlem/hablemos tentando centrar na cuestión madrileña o debate sobre a reforma e viabilidade do Estado español.
  comenta   0
O sábado é o día de mercado en Ribeira. A vila convértese nun bule-bule de xente que ven dende as distintas parroquias: un ir e vir na praza do peixe, a xente entre os postos de roupa e de froita e verdura na feira; as compras para a semana nos supermercados, recados varios na mercería ou no zapateiro ou simplemente dar unha volta para ver o ambiente e tomar un café ou un viño.
  comenta   0
Como as elites abonaron o terreo para o rexurdir da ultradereita e o neofascismo.
  comenta   0
Como acontece en case todas as eleccións, sempre hai sorpresas que chaman moito a atención. Pois uns grupos melloran os resultados e outros minguan, ou se o prefiren fenecen. Mais nestas derradeiras Europeas a sorpresa maior deuna unha candidatura que, polo nome, parecía ser unha chanza mais ca un proxecto político. Ben sei que a política ten moito de saber falar e convencer ós votantes. Ten moito de saber vender o que propós e ate de engaiolar ós cidadáns acudindo á tocarlle fibra das emocións que sempre camiñan á contra de sopesar as propostas e, en resumo, van á contra do sentido común e a racionalidade.
  comenta   0
O economista e presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas (Vigo, 1949), ingresou este luns na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun discurso no que fixo un chamamento a crear "un novo contrato social focalizado en devolver dignidade e recoñecemento ao traballo e na creación de bos empregos".
  comenta   0