A Xunta ameaza aos traballadores da Xustiza: “Abriremos expedientes disciplinarios”

O vicepresidente da Xunta di que non quere entrar nunha “guerra de cifras” sobre a participación na folga e acusa aos sindicatos e traballadores de “secuestrar” aos cidadáns. Sobre as protestas de fiscais e xuíces, que reclaman medios, independencia e axuste salarial, di que non depende da Xunta resolvelo, senón do Ministerio de Justicia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 05/04/2018 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

A Xunta foi este xoves un paso máis adiante no seu enfrontamento cos traballadores da Xustiza que manteñen xa unha folga indefinida desde hai dous meses. “Fixemos todo o que está nas nosas mans para que non se colapse a xustiza e por iso decretamos uns servizos mínimos, pero cando haxa incumprimentos non dubidaremos en abrir exepedientes disciplinarios”, suliñou Alfonso Rueda.

Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo no Consello da Xunta
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo no Consello da Xunta | Fonte: Xunta.

O vicepresidente da Xunta, a quen traballadores e sindicatos da xustiza acusan agora de bloqueo das negociacións, inisistiu que existe o dereito a folga pero que o Goberno galego será “estricto” para que se manteñan e se cumplan os servizos mínimos dictaminados. Por iso, acusou aos sindicatos e aos traballadores de ter secuestrados aos cidadáns. “Os galegos non podemos ser os seus reféns”, dixo.

Rueda destacou que non vai a entrar nunha guerra de cifras cos sindicatos sobre a participación na folga. “Os datos están aí. Todos os días os damos”, dixo en alusión a ese 30% do seguemento da folga do que informan diariamente, fronte ao 85% dos sindicatos. En todo caso, recoñeceu que este conflicto está “danando” a imaxe da xustiza en Galicia. “E claro que nos preocupa iso”, suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Por iso, o vicepresidente da Xunta reunirase este venres cos avogados galegos e cos seus representantes no Consello Galego da Avogacía para explicarlles a postura e a proposta do Goberno galego, así como o estado da negociación. O obxectivo é convencelos de que a responsabilidade da folga non é da Xunta, senón dos traballadores e sindicatos.

“A Xunta manexa os cartos de todos os galegos e esta folga non se pode converter nunha subasta pública”, insistiu sobre a súa proposta de subir “entre 3.500 e 4.000 euros máis ao ano por traballador” e que “coloca a Galicia como a quinta comunidade”.

NOVO CONFLITO 

Sobre as novas mobilizacións convocadas por xuíces e fiscais pola falta de medios para realizar o seu traballo, Rueda botou balóns fóra e suliñou que iso é competencia do Ministerio de Xustiza. “Se me preguntan a min, pois agardo que se solucione este problema, aínda que esta é unha cuestión que teñen que resolver co ministerio”, concluíu.

Pola súa banda, o xuíz decano de Santiago, José Alvariño, o presidente da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, Ángel Pantín, e o fiscal xefe da área, Mario Piñeiro, puxeron voz este xoves ás reivindicacións destes colectivos que se trasladaron en todo o Estado e na que tamén reclaman incrementos salariais. Tamén teñen intención de secundar o resto de mobilizacións que se programen por parte destes colectivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Xustiza xa

Xa estades tardando en poñer no seu sitio s esta panda de vagos e lacazáns que non dan pau á auga. De todos os funcionarios estes son os que máis a rañan e menos dereito tiñan a protestar. Se botades á metade aforramos cartos e o resultado do traballo que fan sería o mesmos. Son uns pesetero que pensan que o resto da xente lle temos que pagar os seus cafés e viños varios de todos os días.

1 Ramiro

Vale, non tes nin idea...

4 Ramiro

Rueda, te contaré un secreto: TRABAJO A REGLAMENTO. Entérate porque veo que estás muy despistado. Los funcionarios de justicia realizan muchas tareas que NO les son propias y que están empezando a dejar de hacer. La huelga es Alicia En el País de Las Maravillas. Y como no tienes ni idea de cómo funciona la administración de justicia, sólo te aviso. O bajas a la arena a negociar un acuerdo digno para los funcionarios, o esta crisis se te tragará.

3 Venancio

Tínhaes que estar no cárcere e os xuices ilegalizar o voso partido, pero todos xa sabemos o porqué e inda dis que abriredes expedientes disciplinarios...cando non se ten vergonha pasan estas cousas. Tedes que ir a Madrid que alí estades ao resguardo da dereita máis da esquerda espanhola.

2 animalillos

feijoo sabemos que eres ton to pero en este pais aun existe el derecho a huelga a menos que el fascismo del pp acabe con todos los derechos que quedan aunque no son muchos

1 animalillos

feijoo sabemos que eres ton to pero en este pais aun existe el derecho a huelga a menos que el fascismo del pp acabe con todos los derechos que quedan aunque no son muchos