Comparte esta noticia

A deputada Paula Quinteiro subiu á súa conta de Facebook un texto no que ataca e ao mesmo tempo se defende, das palabras vertidas no artigo de opinión "¡Paula Quinteiro somos todos!" asinado por Siro no día de onte, sete de marzo.

Nómina subida por Paula Quinteiro á súa conta de Facebook
Nómina subida por Paula Quinteiro á súa conta de Facebook

A peza de opinión de La Voz comeza cun lamento irónico sobre o actual estado das relacións internas en En Marea. Seguidamente o asinante do artigo fai unha longa e tamén irónica descrición dos feitos que levaron ao estado interno da formación rupturista. A presunta intervención de Quinteiro en favor duns amigos, presuntos autores dun acto de vandalismo así como de insultos á Policía Local de Santiago. Seguidamente o autor do artigo pon por diante o salario de 4.800 euros que cobraría Paula Quinteiro como deputada autonómica. Finalmente, Siro conclúe que Quinteiro debería ter en conta que o seu salario o paga toda a cidadanía.

CLASISMO

Paula Quinteiro comeza sinalando que levaba semanas non querendo alimentar a polémica pero, despois dalgunhas "difamacións redactadas en distintos medios de comunicación", di que se viu "na obriga de respostar" a estas, especialmente as escritas nun artigo de opinión da Voz de Galicia de hoxe (por onte)". Lamenta a deputada tamén que "os debates se estean a dar maioritariamente a través dos medios de comunicación do adversario, construíndo relatos de maneira nesgada e falaz".

A deputada considera que os termos usados non só son para "atacarme" (sic) senón que agochan unha actitude de "clasismo". A partir de aí comeza a describir a súa carreira anterior á súa actual posición parlamentaria. Quinteiro traballou como enfermeira "cun salario igual ou inferior ao que cobro nestes momentos (1.880€), xa que o resto dónoo para diversos espazos", di. Como exemplo, Quinteiro sobe á rede social unha copia dunha nómina "que abrangue un período de 15 días". Con anterioridade, apunta, "nunca encadeei un contrato dun mes completo porque traballaba de maneira precaria pero continuada".

A deputada Paula Quinteiro de En Marea
A deputada Paula Quinteiro de En Marea

Detrás das palabras escritas en La Voz estaría "a idea é que só poden acceder ás institucións as persoas con grandes salarios", sinala Quinteiro, que ademais remarca que "tiña un salario máis alto que o da media dos galegos e das galegas que se vén condenadas á miseria". Lembra que ela, como outras compañeiras e compañeiros de profesión, non tivo que emigrar pero "traballei noutras ocasións en condicións moito peores".

Recorda que tamén moitas das persoas que a atacan "son as que votaron favorablemente para subir o salario das deputadas a 3 Salarios Mínimos Dignos", concepto que Quinteiro ve como "inventado demagoxicamente por estes (3.000 euros), medida á que por suposto me opuxen para que cobráramos 3 SMI", expón.

Quinteiro remata sinalando que os e as traballadoras teñen que estar nas institucións públicas. Que precarios e precarias deben ser protagonistas da política en todos os ámbitos. E finaliza dando as grazas polos apoios recibidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

13 Arturo

Paula Quinteiro usa o vello truco de tentar levar o tema fora de seu ámbito. Eiquí non se trata de nada " clasista", senón que una deputada non pode facer o que fixo, é fácil de entender. E normal que ela tente embarullar a cousa, pero non cola.

12 chindasvito

Paula, se te queres ben dimite. Se eresde esquerda e honrada deixa de facer dano a EM!

11 Paulita a conspiranoica

que vergonza como anda de enrocada a deputa "gamberra" ten os parafusos ben cravados no butacón do grupo PRA LAMENTAR do GRUPO POLA MENTIRA nos mandriles, nin un euro, nin un beneficio para Galiza, e agora todo isto de andar arrincado polas noites os espellos retrovisores da xente do común, dos traballadores que teñen os seus coches aparcados nas ruas de SantiAGE de compoÑendas ASI ESTA DE CRUDO O TERROR FABRICADO NAS MAREAS DO PODREIROS (os espectadores sensibles non vean, - dobre tompetetiña nas esceas de sexo e gong sanguiñento nas esceas slasher ) - https://www.youtube.com/watch?v=SNQ...

10 Amigo

Paula, dimite. Están a atacar ao único proxecto que pode desaloxar ao PP da Xunta e ti te estás a escudar no colectivo. Es unha rapaza nova. Vas ter máis oportunidades e, cando pase isto polo xulgado, vante facer trizas se non dimitiches antes. Non sei quen te asesora pero mira máis alá do teu círculo

9 Resiste Paula

Pois non ataques con salarios porque os de Anova aprobaron cobrar 1000 euros nada máis non? Non era iso o que cobraba Beiras de deputado e o que cobra Noriega de alcalde? Non?