Comparte esta noticia

A deputada Paula Quinteiro subiu á súa conta de Facebook un texto no que ataca e ao mesmo tempo se defende, das palabras vertidas no artigo de opinión "¡Paula Quinteiro somos todos!" asinado por Siro no día de onte, sete de marzo.

Nómina subida por Paula Quinteiro á súa conta de Facebook
Nómina subida por Paula Quinteiro á súa conta de Facebook

A peza de opinión de La Voz comeza cun lamento irónico sobre o actual estado das relacións internas en En Marea. Seguidamente o asinante do artigo fai unha longa e tamén irónica descrición dos feitos que levaron ao estado interno da formación rupturista. A presunta intervención de Quinteiro en favor duns amigos, presuntos autores dun acto de vandalismo así como de insultos á Policía Local de Santiago. Seguidamente o autor do artigo pon por diante o salario de 4.800 euros que cobraría Paula Quinteiro como deputada autonómica. Finalmente, Siro conclúe que Quinteiro debería ter en conta que o seu salario o paga toda a cidadanía.

CLASISMO

Paula Quinteiro comeza sinalando que levaba semanas non querendo alimentar a polémica pero, despois dalgunhas "difamacións redactadas en distintos medios de comunicación", di que se viu "na obriga de respostar" a estas, especialmente as escritas nun artigo de opinión da Voz de Galicia de hoxe (por onte)". Lamenta a deputada tamén que "os debates se estean a dar maioritariamente a través dos medios de comunicación do adversario, construíndo relatos de maneira nesgada e falaz".

A deputada considera que os termos usados non só son para "atacarme" (sic) senón que agochan unha actitude de "clasismo". A partir de aí comeza a describir a súa carreira anterior á súa actual posición parlamentaria. Quinteiro traballou como enfermeira "cun salario igual ou inferior ao que cobro nestes momentos (1.880€), xa que o resto dónoo para diversos espazos", di. Como exemplo, Quinteiro sobe á rede social unha copia dunha nómina "que abrangue un período de 15 días". Con anterioridade, apunta, "nunca encadeei un contrato dun mes completo porque traballaba de maneira precaria pero continuada".

A deputada Paula Quinteiro de En Marea
A deputada Paula Quinteiro de En Marea

Detrás das palabras escritas en La Voz estaría "a idea é que só poden acceder ás institucións as persoas con grandes salarios", sinala Quinteiro, que ademais remarca que "tiña un salario máis alto que o da media dos galegos e das galegas que se vén condenadas á miseria". Lembra que ela, como outras compañeiras e compañeiros de profesión, non tivo que emigrar pero "traballei noutras ocasións en condicións moito peores".

Recorda que tamén moitas das persoas que a atacan "son as que votaron favorablemente para subir o salario das deputadas a 3 Salarios Mínimos Dignos", concepto que Quinteiro ve como "inventado demagoxicamente por estes (3.000 euros), medida á que por suposto me opuxen para que cobráramos 3 SMI", expón.

Quinteiro remata sinalando que os e as traballadoras teñen que estar nas institucións públicas. Que precarios e precarias deben ser protagonistas da política en todos os ámbitos. E finaliza dando as grazas polos apoios recibidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

8 Vella política

O problema está en Podemos postureo anti-nada (Quinteiro e Pam), na falsa progresía que vive do conto (Yolanda, Jorge), nos delegados da Complutense (Santos, Ferreiro), e TAMÉN nos energúmenos de ANOVA como Dopico e Balsa, e os que os apoien (Antón, Martiño) ante actitudes noxentas. Identifiquemos os culpables, marquemos as ratas que hai que expulsar da política.

7 Quinteiro de Cifuentes

Paula Cifuentes resiste!!! Cristina Quinteiro aguanta!!! No Partido estamos contigo!!! Somos transparencia, honradez e moita decencia!!! Estamos dando exemplo, marcando casta!!!

6 #yotecreohermana

Ánimo, wapi. Será fodido perder os 5000 lereles/mes máis dietas, pensión, etc. que trincas no Parlamento, pero hai alternativas. No Hospital de Lugo (HULA) o de sacar praza de enfermeira non é doado, pero temos un grupo de “gorrillas” xitanos que rompen os retrovisores dos coches que se negan a pagar. Pódeslles mandar o curriculum, coa túa experiencia seguro que te contratan, e de paso convivirás cunha das etnias alternativas que tanto vos gustan aos podemitas.

1 Estohuele

Señor es usted un racista

2 Antoniooo

Señor es usted un racista su comwntario esta dentri del delito de odio

5 Su Señoría Deputada

Paula, es impresentable! Non vou defender os plumillas de La Voz de su Amo. En realidade sodes os das Mareas e os do BNG quen, despois de apaleados, os seguides celebrando. Así o fai o teu líder odiado, o vello e o novo, aquel do que ti te burlas, boicoteando actos das Mareas e te ris, graza enorme, mentres un colega di "Villares, hijo_de_puta". Es noxenta! Lembra que nas celebtacións do xornal coruñesista están os teus, tamén a Pontón e Lores, que igual bailan, e que pagades publicidade institucional para soster o panfleto. Que tes amigos gamberros, deberialo mirar. E que te aproveitas do cargo de deputada, para defender a causa da esmorga rupturista de espellos dos veciños, como no Partido Podre defenden privilexios da casta, pois compartes moito coa bella política. Que te pillaron e négaste a dimitir, máis...

1 Su Señoría Deputada

Agora o salario. Hai que ser caradura! Do PÚBLICO trincas o TOTAL, logo que o repartas en chocolatinas para defender a panda de rupturistas de espellos, para alimentar asesores indignos que se burlan contigo dos compañeiros (o de "puta" é marca de Podemos, como moi ben sabe a ilustre deputada bocazas Ángela Rodriguez, Pam, outra protexida), ou que o gastes en cartóns de viño para consumo propio é o teu problema. Non imos ser os precarios e os asoballados quen te compadezamos. Es casta, abusas dos privilexios e argumentas con pobreza no lugar de dimitir e parar o escándalo. Igual de indecente que Cifuentes, e Podemos fai o mesmo que o Partido Podre cando pillan os seus (Monedero, Echenique, Espinar...). Abondan as ridículas excusas de mal pagador!

2 La pastillita loqui

Pero si tu eres de Louzan loquito que pogresista es Louzan no

3 sermos mantidos

Triste hargumento para un taparrabos. Ti serás de Quinteiro, tamén vas escachando espellos pola rúa? Ou pensas que apoiando á deputadiña de Podemos vaise afundir a alternativa e sacar tallada o teu BNG-PPSOE?

4 Ferriño

Pero para que saca esa nómina? a que ten que exhibir é a do Parlamento e de paso que diga a quen lle pasa os cartos e canto.