Un deputado do BNG rompe o retrato do rei contra a interpretación "represiva" dos delitos de odio

O ex alto cargo de Cultura durante o bipartito, Luís Bará, rompeu un retrato do rei Felipe VI no pleno do Parlamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2018 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O deputado do BNG Luís Bará rompeu un retrato do rei Felipe VI este mércores no pleno do Parlamento, durante a defensa dunha iniciativa en contra da interpretación "represiva" dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo.

El diputado del BNG Luis Bará rompe un retrato del Rey
El diputado del BNG Luis Bará rompe un retrato del Rey | Fonte: Europa Press

Bará, que foi alto cargo do Goberno bipartito de PSdeG e Bloque, defendeu, mentres mostraba dúas fotografías do rei, que "romper este retrato" non é un delito, senón o "ABC da democracia" e alegou que non o podía queimar por estar "nun espazo pechado".

O nacionalista fixo referencia a principios como a liberdade de expresión e o pluralismo aludindo á condena a España por parte do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) en relación aos mozos cataláns Jaume Roura Capellera e Enric Stern Taulats.

A Audiencia Nacional impuxera a estes dous mozos 15 meses de cárcere en 2008 por un delito de inxurias á Coroa --unha pena que foi substituída por multa de 2.700 euros-- por queimar unha foto dos Reyes tras unha manifestación en Xirona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

13 anonimo

O manual do BNG é moi claro: compre buscar sempre, sempre, sempre a presencia mediática. O peor que lle pode pasar ao BNG é que non falen del.

12 Nexus 6

Pues nada, que este Luisito continúe rompiendo fotos y mejor aún, que rompa y queme banderas de España. Le subirá los ánimos a sus palmeros y a los revolucoinarios de pastel que le siguen. Es la mejor forma de que la inmensa mayoría de gallegos mantenga su voto al PP y las mayorías absolutas sigan y sigan y sigan

11 juas juas

Bará só ten que render contas ante @s galeg@s, namentres outros deputad@s pseudoprogremodernistasrupturistas teñen medo ó que poidan ordearlles dende Madrid, están que trinan pero xamáis admitiran que se equivocaron e que tal vez os que cometeron máis erros foron eles escindidose ate chegar a máis mínima expresión ate darlle o control o centralismo español. Podemos e un partido máis centralista que o propio estado español. O dos Trolls haters BNG é de circo, un deputado do BNG racha unha foto do rei Borbón dentro do parlamento galego e o que se lle ocorre a estes e dicir que o BNG é españolista, canto lider de opinion solto ide mirar a secta un pouco.

1 jua jua

Falando de render contas. Que din os estatutos de pasarse toda a vida como profesional da política?

10 O que queda do BNG

Uns días financian homenaxes a Millán Astray ou colocan pantallas xigantes para que se vexan os partidos de La Roja aló onde gobernan, e outros días fan o show de romper o retrato do borboncito. A esquizofrenia dun BNG finiquitado, esgotado, amortizado, sen proxecto nin programa.

1 Di que si amigo

O de Millán foi o PSOE e o das pantallas agora está con vós na Marea

2 Tapa amigo, tapa

Co PsoEspañol goberna o BNG en Pontevedra; o Severino era do BNG cando os feitos, ben que o tapastes e premiastes a xente do equipo que segue no que queda do BNG; e o alcalde de Ribadeo que ía "agasajar" (sic) ao Borbón no caso do pequeno Nicolás segue no BNG.

9 comunista independentista

Paréceme estupendo rachar a imaxe dese vividor fascista. É o mínimo que lle habería que facer. Pero cómpre lembrar que na lexislatura anterior, dende o Bloque acusaban a AGE de 'montar circos' por actos similares. Agora a cousa cambia, e a cuarta/quinta forza política ten que chamar a atención dalgún xeito.