Como poden innovar as persoas na era dos cambios dixitais

As empresas moitas veces non usan o potencial innovador das persoas que traballan nelas. Para aproveitar esa enerxía na era dixital, celebrarase en Santiago un simposio sobre innovación no seo das empresas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/04/2018 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O Auditorio de Abanca acollerá o día 18 de abril un simposio sobre creatividade no seo das empresas. Este encontro celebrarase no Día Mundial da Creatividade e a Innovación e está dirixido a profesionais da dirección e dos medios informativos. Esta xornada está convocada pola Asociación para el Progreso de la Dirección.

Innovación
Innovación | Fonte: Xunta.

O obxectivo é buscar solucións ou vías para darlle saída á creatividade desde o maior potencial que teñen as empresas, os e as súas traballadoras. Por iso, o día 18 diferentes personalidades de diversos campos relacionados coa dirección e a innovación, darán conta das súas experiencias sobre como afrontar os retos que leva a creatividade dentro do ámbito empresarial e comunicativo.

Elba Pedrosa, da organización desta xornada apunta que “as persoas somos moi cómodas, por iso a dirección dunha compañía debe asumir o reto da creatividade para adaptarse aos cambios” saíndo dunha zona de confort que non lle aporta solucións. “O cerebro está afeito a pensar dunha maneira e non quere moverse de aí, porque novas situacións colocaríannos en posicións incómodas” di Pedrosa. Esta organizadora tamén remarca que “a creatividade ten un prezo, claro, pero cando se lle dá saída os resultados poden verse e valorarse”. E para que isto sexa así, hai que ter “valentía, afouteza” para un novo xeito de entender e mover a empresa.

Durante esta xornada poderase contar coa presenza de profesionais de diversos campos. Jesús Díaz,  músico e compositor de bandas sonoras, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Luis Fraga, xornalista e consultor en comunicación entre outras persoas. O evento conta coa participación do IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica, Xunta de Galicia e a colaboración de diversas entidades privadas.

O encontro terá lugar no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela o día 18 de abril a partir das 10:00 da mañá. Para formalizar a asistencia, pódese facer a través de www.apd.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta