Dous feridos nun accidente múltiple con dúas motos e un turismo en Silleda (Pontevedra)

Outro accidente na Guarda deixa dúas persoas feridas, unha delas embarazada, segundo os que alertaron ao 112

Santiago de Compostela | 14/04/2018 | Actualizada ás 21:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este sábado a dúas persoas que resultaron feridas nun accidente múltiple en Silleda (Pontevedra) no que se viron implicados dúas motocicletas e un turismo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro rexistrouse sobre as 17,00 horas na N-550, no lugar de Taboada, en Silleda.

Como consecuencia do golpe, dúas persoas necesitaron asistencia médica e foron trasladadas por un equipo do 061 á Clínica Deza.

CHOQUE NA GUARDA

Por outra banda, na Guarda, outras dúas persoas foron evacuadas ao hospital despois dunha colisión entre dous turismos. Segundo indicaron as persoas que chamaron ao 112, entre os feridos había unha muller embarazada.

Ao lugar acudiron os servizos sanitarios de urxencia, así como as forzas de seguridade e membros do GES da localidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta