Temas: CAZA

Denuncian que Galicia semella xa un 'Vello Oeste' para os cazadores

A Asociación Animalista Libera asegura que o 68 por cento dos galegos ven "inútil" a caza como medio para a conservación ambiental.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2018 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Segundo os resultados dunha enquisa realizada por Libera, que fixo público o resultado da sondaxe o día no que a Federación Española de Caza convoca manifestacións por todo o país, o 68% dos galegos non ve ningún beneficio á caza.

Cazador cazando
Cazador cazando | Fonte: Europa Press

Segundo informa a entidade, un milleiro de persoas anónimas foron consultada por teléfono ou a pé de rúa, coa seguinte pregunta: 'Considera que a caza é negativa para a conservación ambiental?'. Unha cuestión á que o 68%, 680 persoas, puxeron en dúbida o papel das batidas e a súa suposta eficacia sobre o medio natural, fronte ao 21% --210 enquisados-- que as considera útil. Un 11% --110-- preferiu non responder ou alegou descoñecemento do tema.

Pola súa banda, a Fundación Franz Weber sumouse ás denuncias sinalando que a Comunidade galega converteuse nun 'Vello Oeste' para os cazadores, con normas que "os consideran deportistas, permítenlles disparar a só 100 metros de vivendas ou manter animais agrupados en condicións que serían ilegais en Europa".

Por este motivo, os colectivos en defensa dos animais requiriron explicacións pola continuidade de elementos "altamente contaminantes no Medio, como o chumbo dos cartuchos de munición" e apuntan que a Xunta recoñeceu que "a única vía para acabar coa morte accidental de miles de animais, que inxeren estes perdigóns, era prohibir o chumbo".

FAI CATRO ANOS PROPÚXOSE A PROHIBICIÓN DO CHUMBO

Os animalistas lembran que fai case catro anos da proposta internacional para vetar o chumbo por parte do Cume da Vida Salvaxe, celebrada en Ecuador. Pero, con todo, denuncian que o goberno autonómico "non só non desenvolveu iniciativa algunha senón que tampouco tivo en conta as propostas de FFW e Libera!", que chegaron a presentar unha Proposición de Lei xunto ao BNG, cuxa tramitación finalizou co termo da pasada lexislatura.

Temas: CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Arturo

A caza é o neolítico. E ademáis dunha salvaxada, é perigosa: xa ten morto bastante xente por disparos " accidentais" dos cazadores. Andar polo monte é perigoso cando están os cazadores pegando tiros.

1 Si si

Xa xa menuda enquisa...Non hai máis que ver a manifestación de hoxe en Santiago....Por certo, GC non se debeu enterar...

1 FARIÑA PA TOD@S

A caza vaille pasar o mesmo que ao PP....culturas antigas irracionais que morren co desarrollo intelectual da sociedade..