O grupo Anaya toma o control da gran editorial galega, segundo a CIG

A dimisión de Manuel Bragado como director xeral de Edicións Xerais de Galicia coincide con despidos na editorial e coa nova política organizativa e de produción da súa propietaria, a editorial Anaya. A CIG denuncia que se tenta "limitar" a autonomía a editorial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/04/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A pasada semana coñecíase a saída de Edicións Xerais de Galicia, a gran editorial galega xunto con Galaxia, do que fora durante 24 anos o seu director xeral, Manuel Bragado. Unha decisión que sorprendeu no mundo cultural pero que xa se viña cocendo desde había tempo.

"Foron moi dificiles os últimos días. A petición propia, onte deixei de ser director de Xerais. Foi unha decisión meditada coa que pretendo volver á escola a comezos do vindeiro curso e continuar colaborando con Xerais e coas outras empresas do Grupo Anaya na súa estratexia de edición en Galicia... Sei que este é un momento de esperanza nun tempo de incerteza. Xaora, sei que está asegurada a continuidade anovada do proxecto editorial de Xerais como piar e líder da edición en lingua galega", sinalaba nun breve comunicado Bragado sobre a súa saída da dirección.

Un comunicado que apuntaba xa algunha das situacións que acontecen en Xerais; por unha banda, a crise da edición en galego, agravada pola falta de axuda da Xunta de Galicia tal e como xa publicou GC, e, polo outro, a presión que está exercendo o grupo Anaya para reorganizar a editorial galega pola crise que sofre o sector.

DESPIDOS

Este proceso responde, segundo apuntan fontes da CIG, a "unha estratexia definida pola dirección de Anaya para limitar a autonomía de Xerais" co obxectivo de asumir a súa produción. Esta estratexia tería contado, di o sindicato, coa colaboración de parte da propia dirección de Xerais, que tería provocado xa varios despidos.

"Durante o proceso tivo lugar a revogación da delegada da CIG e a súa substitución por un representante de CCOO, tras o que agora se produce o despedimento de tres traballadores e a 'saída voluntaria' do seu director, Manuel Bragado", di a central sindical.

De feito, a CIG apunta directamente á dirección da empresa e, indirectamente a Bragado, desta situación e dos despedimentos do traballadores. "Defendemos a estes compañeiros que amosaron sempre unha actitude responsábel e dilixente fronte a unha dirección que coa súa mala xestión propiciou o que agora está a acontecer na empresa", indica a CIG.

APOIOS

Unhas críticas que contrastan cos apoios que Bragado recibiu de destacados persoeiros do mundo da cultura, e mesmo da política, entre eles, os escritores Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Antonio M. Fraga, Marcos Calveiro, Ledicia Costas, Santiago Lopo, María Solar, o ilustrador Kiko Dasilva, o crítico Henrique Rabuñal ou as editoriais Oqueleo e Alvarellos Editora, así como a Asociación Galega de Editoras.

Fundada en 1979 en Vigo por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, Xerais forma parte do Grupo Anaya dende 1988, ano en que naceu este grupo editorial, que desde xaneiro de 2004 está integrado no grupo Hachette Livre, a súa vez pertencente ao Grupo Lagardère, unha multinacional francesa con intereses no mundo editorial e armamentístico.

Libros de Xerais
Libros de Xerais

Manuel Bragado
Manuel Bragado | Fonte: Xerais.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Tocabolas

Ai Souflonciño, que te me vas polas ramas...non me fales de Europa (que ao mellor son privilexios Hitlerianos, Mussolinianos ou do Governo de Vichy): e que me dis deso de ter un Servizo Médico (Muface) para élites fronte ao Sergas do resto dos mortais...é privilexio franquista ou non o é, meu cara??...e eu Non Odio aos Ensinantes...precisamente o feito de ter moitos amigos entre eles fai-me mais evidentes os seus privilexios inconfesabeis..eu só odio aos que falan de Defender o Público e botan man da Sanidade Privada (Muface) é dicer, odio aos Hipócritas en xeral alí onde os houber.....ti incluido, de ser o caso.....

3 Tocabolas

Ai Souflon, Souflon...moito Cabezón e pouca Substancia Gris..que lle imos facer, é de nacimento.....os Parásitos coma eu seremos, en todo caso, quén estamos financiando aos raña co llóns do teu Pai, Ti mesmo e os teus amigolos Ensinantes (que e te me aquí: eles cotizan mentres a rañan na casa: vacacions de catro-cinco meses ao ano)...claro que tamén temos que manter a policías e guarda civis que se xubilan aos 55, coas nosas cotizacións....no caso da banca é un ERE de Ouro, que tamén pagamos cos nosos impostos......canto lacazán, que ben os representas (non terás a Incapacidade Total por Escordadura dos Frenillos: do Lingual e do Peneal, pois que tén pinta polo xeito de te expresares...é que hai moito vividore!!!)...mais enfín, non nos distraimaos do miolo da cuestión: ese privilexio dos Ensinantes e dos Mareantes é Franquista ou Non??.

1 Soufflon de gaites

Pois non é franquista caro compañeiro. Ese "privilexio" do que falas existe en todo Europa e alí non gobernou Franco nunca. É máis, se tes algo de paciencia, internet xa vexo que si, poderás comprobar como os Ensinantes, aos que tanto odias, teñen menos días lectivos en todos os países que aquí. E xa sabes: estudar, aplicarse e a vivir que non llo prohiben a ninguén. E por min "colorín colorado".

2 Tocabolas

Tamén influirá que no Ensino tes o privilexio franquista de te poder xubilar aos 60 anos (pergúnten-llo a Suso de Toro et all) mentras que na Editorial tocaria-lle aos 67 (como o resto dos pu teados mortais).

1 Soufflon de gaites

Pois non sei como lle chamarás aos da banca. Teño varios coñecidos xubilados aos 55 e algún antes de cumplilos. Meu pai tamén se xubilou aos 58 anos no sector do mar despois de traballar e cotizar a frioleira de 44 anos (desde os 14) seguramente para subvencionar parásitos coma ti. E por se non o sabes, para xubilarse co máximo no sector educativo debes ter 35 anos cotizados, probablemente moito máis do que vai traballar un indixente mental coma ti.

1 Fran do Covelo

Si, os mesmos que venden armas para a guerra venden libros. E o mesmo que adoran os intelectuales 'progres' despide sen piedade aos traballadores. Hai moito postureo no negocio da cultura, tanto como na política (España do PPsoE vende armamento a Venezuela e a Arabia Saudí, e aquí ate sindicatos e o alcalde Quichi de Podemos aplaude: da traballo en Cadiz, da votos). O dito, algo máis que simples contradicións, aquí vemos a sobre vara de medir e a farsa da progresía que fai negocio coa editorial. As empresas culturais son tan rastreiras como as outras, só que teñen mellor propaganda grazas aos que chupan delas.

1 Natasha Rostova delasRestrevas

Si... Que triste meu e despois inda veñen a nos dar leccions de etica ao resto.