Búscase adxudicatario para o DOG electrónico

O Diario Oficial de Galicia deixa o papel mais a Xunta seguirá mantendo privatizados os servizos de maquetación e corrección, que na actualidade desenvolven unha ducia traballadores de La Voz en San Caetano.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/02/2011 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A Xunta acaba de sacar a concurso o lanzamento da nova edición electrónica DOG. Galicia converterase así nunha das últimas autonomías en abandonar a obsoleta edición impresa, que primeiro xestionou El Correo Gallego e que leva anos imprimindo La Voz de Galicia.

O goberno di que o custe do DOG electrónico será de 684.000 euros ao ano, mentres que en 2010 a Xunta pagou a La Voz  1,1 millóns. É dicir, un aforro de medio millón para reforzar a aposta de Feijóo pola austeridade

A primeira vista, a cifra de 684.000 pode resultar demasiado elevada para unha edición electrónica. A explicación é que o Goberno seguirá a subcontratar  a corrección, composición e maquetación do Diario.

O bipartito renovoulle a La Voz

Na actualidade,  unha ducia de traballadores de La Voz de Galicia nas oficinas do Goberno en San Caetano encárganse desas tarefas. Do novo concurso cáese a impresión, pero hai novas tarefas a completar, como a sinatura dixital, que deberá realizar a nova empresa.

La Voz de Galicia recibiu máis de 2,9 millóns nos últimos tres anos da Xunta por compoñer e maquetar o DOG. O diario de Santiago Rey gañou o concurso co bipartito, en 2007, ao presentar a única oferta.

O PP prorrogoulle sen concurso

O período deste contrato rematou hai máis de ano e medio ano. En concreto, o 31 de xullo de 2009. A Xunta do PP prorrogou a contrata coa Voz sen concurso, contrato que segue vixente.

De feito, o anuncio da edición electrónica chega con atraso sobre o previsto. Como apuntou GC, Presidencia adxudicou á consultora INDRA o concurso deseño do sistema para o novo DOG electrónico.

Os pregos establecían que INDRA debería entregar o software o 21 de outubro, pero a Xuna alegou en Xornal unha serie de atrancos burocráticos que explican os catro meses dende que o Goberno ten o sistema até que se decide a sacar a concurso quen o executará.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Hans

Eiiii, xa era hora. Xa van moitos días sen poñer nada da Voz e así non hai maneira de que ninguén comente nada (agás algunha liorta habitual no BNG, claro). Ben, xa está. Hala, veña, a desbarrar.