A Xunta manterá o alto risco de lumes en outubro, cubrirá todas as vacantes e financiará limpar franxas

A Xunta prevé manter o período de alto risco de incendios --que vai de xullo a setembro-- no mes de outubro, cubrirá o "cento por cento" das vacantes do operativo de cara ao verán, instalará 34 videocámaras de vixilancia nas catro provincias, á vez que achegará un financiamento "importante" a axudar a concellos para a limpeza de franxas de seguridade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2018 | Actualizada ás 13:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta prevé manter o período de alto risco de incendios --que vai de xullo a setembro-- no mes de outubro, cubrirá o "cento por cento" das vacantes do operativo de cara ao verán, instalará 34 videocámaras de vixilancia nas catro provincias, á vez que achegará un financiamento "importante" a axudar a concellos para a limpeza de franxas de seguridade.

Tomás Fernández-Couto presenta o Pladiga
Tomás Fernández-Couto presenta o Pladiga | Fonte: Europa Press

Estas son algunhas das novidades para a campaña de 2018 que presentou este mércores en rolda de prensa o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, quen informou sobre o plan de loita contra o lume (Pladiga).

Nunha fin de semana de outubro de 2017 arderon case 50.000 hectáreas nunha vaga de lumes que deixou catro mortos. O ano pasado foi no que máis se prolongou a temporada de alto risco de incendios --até o 12 de novembro-- en Galicia.

No Pladiga recóllese que o alto risco dura entre xullo e setembro, coa posibilidade de amplialo aproximadamente un mes en función das condicións meteorolóxicas, pero agora Fernández-Couto xa avanza a priori que "probablemente" se incluirá o mes de outubro "dentro da temporada". "Poderemos considerar que a campaña de alto risgo incluirá automaticamentente desde o mes de xullo até o mes de outubro", asegurou.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta